• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Segundo asalto no Derbi das Costas entre Burela e Poio na loita polo título

As Guerreiras Laranxas reciben ás conserveiras en Vista Alegre coa vantaxe que lles da o 1-3 da ida nesta semifinal galega do 'play-off' no futsalfem estatal que se celebra hoxe sábado 10 ás 17.00 horas, con posible pase á final ou deixandoo todo para un terceiro enfrontamento na Seca

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/06/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Derbi das Costas entre Poio Pescamar vs Pescados Rubén Burela / EMMA LOSADA - PRBFS

Poio Pescamar vs Pescados Rubén Burela / EMMA LOSADA - PRBFS

64
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Hoxe, sábado día 10 de xuño ás 17.00 horas no Pavillón Municipal Vista Alegre, disputarase o segundo encontro da semifinal galega do play-off polo título na Primera Federación Feminina de Futsal da RFEF. No chamado Derbi das Costas, o Pescados Rubén Burela FS e o Poio Pescamar FS volverán a verse as caras. O encontro poderá seguirse ao vivo en Live Vuvuzela e na TVG g24.gal/deportes

Despois dun primeiro encontro en Poio con vitoria para o equipo laranxa, esta fin de semana as Guerreiras Laranxas tentarán por todos os medios pasar á final arroupadas pola súa xente. Xusto o que buscará evitar o conxunto conserveiro que chega a terras da Mariña coa idea de forzar o terceiro partido e facer valer o factor cancha na Seca.

O conxunto que adestra Julio Delgado confía na forza da bancada laranxa e na vantaxe que lle supón o 1-3 do partido de ida na Seca.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

En referencia aos enfrontamentos en Vista Alegre entre ambos os clubs, a bagaxe é de 8 vitorias locais e 2 empates. Ademais, o Pescados Rubén Burela venceu na Supercopa de España da campaña 2020 / 2021, que se celebrou alí. É certo que nas últimas visitas o Poio Pescamar mellorou e, de feito, un dos empates foi o sumado neste curso. Así, o reto de manterse con vida no play-off pasa, no caso do Poio Pescamar por gañar por primeira vez na súa historia en Burela.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Poio Pescamar F.S. (@poiopescamar)

Samper: “O Poio Pescamar ten moi boa defensa”

Irene Samper ofrecía na previa do Derbi das Costas as súas impresións sobre o rival, o Poio Pescamar:  “Creo que é un equipo que estivo traballando moito e ben, así se ve nos resultados que están tendo. Teñen un equipo cunha moi boa defensa, por iso é polo que non encaixen moitos goles, a súa principal virtude é esa, pero tamén ten grandes xogadoras en xeral”.

Sobre o seu equipo, Irene Samper declaraba: “Eu creo que o traballo xa está feito, é verdade que sempre se pode mellorar, pero creo que imos por un bo camiño. Levamos unha tempada moi boa e queremos seguir mellorando certos aspectos que sempre se poden mellorar”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

No equipo conserveiro, o adestrador Luis López-Tulla apuntaba na rolda de prensa previa ao partido que tiña moitas ganas de xogalo. O técnico agarda en Vista Alegre un partido moi igualado e agarda que nin laranxas nin vermellas acusen o cansanzo e que ambos os dous conxuntos cheguen á cita de Burela en plena forma.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Poio Pescamar F.S. (@poiopescamar)

Preto dun cento de seareiras do Poio Pescamar desprazaranse a terras da Mariña, “lembrando o gran movemento que hai 10 anos fixemos ata Rubí, Barcelona, para remontar a eliminatoria que nos deu o ascenso a Primeira División. Confiamos en que o espírito de Rubí volva sinalar o camiño”, recordan desde o club conserveiro.

Julio Delgado, adestrador do Burela: “É moi difícil facerlles gol”

Para Julio Delgado, adestrador do Pescados Rubén Burela, gañar o primeiro partido foi un paso moi importante, “dános a tranquilidade de afrontar este segundo partido e en caso de perder ter a oportunidade dun terceiro, elas van vir un pouquiño máis presionadas, saben que o sábado para elas vai ser un partido a vida ou morte”.

Sobre o Poio Pescamar “unha das súas características principais é que é un equipo moi serio, madurou moitísimo este ano. Céntranse moitísimo no aspecto defensivo e están sendo moi duras, un equipo moi rochoso, é moi difícil facerlles gol”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

E ao respecto do bloque de xogadoras que adestra, Julio Delgado declaraba na previa deste Derbi das Costas do futsalfem: “sempre se pode mellorar, a capacidade de mellora sempre está aí, pero hai que lembrar que entramos no undécimo mes de competición e agora practicamente focalizamos o traballo en que cheguen o mellor posible ao sábado, coa carga xusta para que cheguen a un nivel óptimo e puntualizando en pequenos detalles que nos poden facer mellores o sábado. O traballo xa se fixo en pretemporada e nos primeiros meses de tempada e agora é puntualizar cousas moi concretas.

Poio Pescamar vs Pescados Rubén Burela / EMMA LOSADA - PRBFS
Derbi das Costas entre Poio Pescamar vs Pescados Rubén Burela no partido de ida na Seca / EMMA LOSADA – PRBFS

Cre Julio Delgado que hai que traballar moito a nivel psicolóxico durante toda a semana para que as xogadoras sentan a gusto neste Derbi das Costas. “Están facendo un esforzo enorme nesta tamporada tan longa e non imos esquecernos do táctico e do técnico pero sobre todo o aspecto psicolóxico, reforzar o grupo, que ao fin e ao cabo é o que nos vai dar a vitoria os sábados”.

Apuntaba o técnico das Guerreiras Laraxas que a afección gozará enórmemente do partido, “van dar moito como sempre, imos ter o seu apoio o seu empuxe e imos dedicarlle este triúnfo a esta afección que sempre nos apoiou e que está desexando que entremos noutra final. Co apoio da afección creo que imos conseguilo e imos disputar outra final dun título de Liga”.

Etiquetas derbi das costasfútbol salafutsalIrene SamperJulio DelgadoPescados Rubén Burelaplay-offpoio pescamar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.