• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Máis de 2.500 persoas inscritas na XII Carreira Popular Torre de Hércules, primeira proba do circuíto Coruña Corre

Este luns abríronse as inscricións para a Volta a Oza, que terá lugar o domingo 7 de abril

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/03/2024
en Máis Deporte, Atletismo
A Carreira Popular da Torre fai parte do circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

A Carreira Popular da Torre fai parte do circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Concello da Coruña pechou este domingo o período de inscrición para a XII Carreira Popular Torre de Hércules, primeira proba da edición número 11 do circuíto de carreiras populares Coruña Corre.

Máis de 2.500 persoas formalizaron a súa participación nesta proba, superando as que se apuntaron na pasada edición, o que reafirma o éxito desta competición promovida polo Concello da Coruña.

Do total de 2.553 persoas inscritas nesta 12ª Carreira Popular Torre de Hércules, 1.388 participarán na proba absoluta, mentres que 834 farano nas carreiras de categorías inferiores, un total de seis. Ademais, como os últimos anos, o Concello organiza unha andaina conmemorativa do Día da Muller na que se apuntaron 331 persoas.

A XII Carreira Popular Torre de Hércules, única proba nocturna do circuíto, terá lugar este sábado, 23 de marzo, a partir das 17.00 horas, sendo a proba absoluta ás 20.00 horas. Este ano servirá tamén para conmemorar o 15 aniversario do faro como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

A proba da XII Carreira Popular Torre de Hércules partirá do paseo dos Menhires e transcorrerá polo paseo Marítimo, no tramo recentemente humanizado polo Concello da Coruña, ata as instalacións do Oceanográfico, onde as persoas participantes darán volta para chegar ata os pés da Torre de Hércules. A distancia total será de 6.350 metros. As carreiras de menores, cun total de seis categorías, terán lugar no paseo dos Menhires, con circuítos que irán de 150 a 800 metros de distancia.

Horarios da XII Carreira Popular Torre de Hércules

As carreiras de categorías inferiores comezarán o sábado a partir das 17.00 e rematarán ás 18.30 horas. A entrega de premios para as persoas gañadoras destas probas será ás 19.10 horas no podio situado no Frontón da Torre. A carreira absoluta será ás 20.00 horas e a entrega de premios será, no mesmo lugar que as inferiores, ás 21.15 horas. A andaina comezará cinco minutos despois da proba absoluta e todas as persoas participantes lucirán un dorsal gratuíto conmemorativo.

As persoas participantes, tanto no circuíto como na proba, deberán recoller os seus dorsais e chips no Frontón da Torre, o venres 22 de marzo, das 17.00 ás 21.30 horas, e o sábado 23 de marzo, desde as 10.00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras. Haberá servizo de duchas e gardarroupa na Cidade Deportiva da Torre, só dispoñible para persoas participantes.

Inscricións para a Volta a Oza e o conxunto do circuíto Coruña Corre

Por outra banda, este luns abriuse a inscrición para a segunda proba do circuíto Coruña Corre, a Volta a Oza, para a súa edición número 11 o domingo 7 de abril. O período de inscrición pecharase, como é habitual, unha semana antes, o domingo 31 de marzo ás 23.59 horas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e formalizar a súa inscrición na páxina web www.corunacorre.com.

A proba absoluta terá a súa saída e meta no parque de San Diego e transcorrerá pola avenida do Exército e da Pasaxe ata a avenida da Concordia, chegando ata a rúa Monte das Moas e atravesando o parque de Eirís. Despois, pasará pola praza de Pablo Iglesias pola avenida Casanova de Eirís, baixando pola rúa Antonio Ríos ata o parque de Oza, regresando a San Diego pola rolda de Outeiro.

Haberá dúas posibilidades de inscrición para a Volta a Oza. A primeira delas será a inscrición única ao circuíto, que dará dereito a participar en seis probas (agás na da Torre, para a que xa está pechada a inscrición) e será a única maneira de puntuar para o circuíto e optar aos premios. Xerarase un dorsal único e as persoas participantes deberán confirmar a súa asistencia proba a proba.

O prazo de inscrición ao circuíto rematará ás 23.59 horas do domingo 5 de maio, data na que finaliza o prazo para a terceira proba do ano, a XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. Por outra banda, as persoas interesadas poderán inscribirse de maneira independente en cada carreira ata as 23.59 horas do domingo anterior ao día da proba.

A inscrición ao circuíto Coruña Corre terá un custo total de 24 euros (12 euros de cota e 12 euros o chip) ou 19 euros (7 euros a cota e 12 de chip) para persoas desempregadas, de máis de 65 anos e con Carné Xove. A inscrición de menores é gratuíta. Por outra banda, as persoas que participen só nesta proba terán que aboar unha cota de 3 euros e 2 euros polo chip refugable, ou un total de 3 euros para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e posuidores do Carné Xove.

Calendario XI Coruña Corre

  • 23 de marzo: XII Carreira Popular Torre de Hércules
  • 7 de abril: XI Carreira Popular Volta a Oza
  • 12 de maio: XV Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma
  • 2 de xuño: XI Carreira Popular dos Rosales
  • 15 de setembro: VIII Carreira Popular de Matogrande – Xuxán
  • 20 de outubro: X Carreira Popular do Ventorrillo
  • 24 de novembro: XII Carreira Popular de Novo Mesoiro
Etiquetas A CoruñaatletismoCarreira Popular Torre de HérculesCoruña Corre
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo...

A lanzadora de Galicia Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

Galicia regresa do Campionato de España Sub-18 con 12 medallas

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

O atletismo galego volveu deixar unha pegada fonda no panorama estatal grazas á extraordinaria actuación protagonizada pola súa canteira no...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.