Corrían os primeiros días de decembro de 1994 e a ilusión e a rebeldía dunhas nenas foron a mecha que prenderon o nacemento dun dos grandes clubes galegos, o Atlético Arousana, que o pasado 20 de decembro celebraba as súas vodas de prata.
Xa recitaba Carlos Gardel na súa canción “Volver” que 20 anos no son nada. O mesmo lle pasa ao Atlético Arousana, equipo que xa conta con 25 anos de existencia. Elas voltan a mirada atrás e seguen coas mesmas ganas e ilusión por xogar ao fútbol. A mesmas miradas que brillan e recordan cun sonriso o día do seu comezo.
Sonia Coello foi unha de esas valentes nenas que loitaron por xogar e ter un espazo dentro do fútbol. Non só iso, senon que ademais fixérono durante unha década dos 90 onde o fútbol era territorio ocupado únicamente polos homes: “Todo xurdiu cando nos cambiamos de barrio aquí de en Vilargarcía, e fomos ao Piñeiriño. Alí, había un parque cunha pista de fútbol sala. Esa cancha, só usábana os nenos, e a nós, as nenas, non nos deixaban xogar”, recorda.
Sonia Coello, ex xogadora do Atlético Arousana: “Teño que recoñecer que ao principio non me gustaba o fútbol nin tiña maior interese para mín. Hoxe en día aínda dame un pouco de vergoña recoñecelo”.
A xogadora estivo ligada ao club desde que se fundou no 1995 ata 2006. Logo na tempada 2008/2009 pedíronlle axuda desde o club, e Paula Souto e ela voltaron para xogar co Atlético Arousana B, pero só unha tempada. Actualmente, non está vencellada ao “club da súa vida” por falta de tempo pero segue mantendo ese amor incondional polas cores amarelas.
“O Atlético Arousana é súper importante, aínda que actualmente non estou vencellada ao club, é algo que axudaches a crear e que sempre estará connosco. De feito, na gala do pasado decembro cando anunciaron o cambio de logo, remóveseche algo por dentro porque o vives dunha maneira moi especial”
Para Sonia, como para outras nenas, o fútbol foi o medio para dar voz a súa rebeldía por cambiar as cousas, por loitar pola igualdade e por ser pioneiras e mirar cara ao futuro con esperanzas e ilusión. “Teño que recoñecer que ao principio non me gustaba o fútbol nin tiña maior interese para mín. Hoxe en día aínda dame un pouco de vergoña recoñecelo, porque logo si que me gustou moito”.
Non sería xusto comezar sen destacar que o Atlético Arousana foi a entidade que abriu as portas a moitos clubs da comarca de O Salnés; como o Viajes Interrías, Cambados, Umia o Pontearnelas. Sen dúbida, un club pioneiro en Galicia á hora de defender a igualdade de oportunidades no mundo do fútbol.
Miguel Coello, primer presidente e pai de Sonia
Outras das figuras claves na historia do Atlético Arousana foi a do pai de Sonia, Miguel Coello. Este home foi o primer presidente do club, e un dos grandes impulsores para que o fútbol feminino tivera cabida nesta comarca do sur de Galicia. A súa filla conta que, a día de hoxe, o seu pai segue a gardar todos os recortes de prensa sobre o Arousana. “Para o meu pai, como fundador do club, o Atlético Arousá é fundamental. Aínda hoxe en día segue recortando todas as noticias que saen do club. Para nós é parte da nosa vida”.
“O meu pai, en 1994, traballaba de conserxe no campo de fútbol, o Manuel Jiménez que antes se chamaba Mundial 82. Eu empeñeime en que quería xogar un partido mixto na pista do Piñeiriño e o meu pai foi ao concello e púxoo en marcha. Organizamos un partido pero fixémolo por orgullo e porque non entendiamos porqué os nenos si podían xogar a fútbol e nós non”, recorda Sonia mentrés volta a mirada atrás.
Sonia Coello, ex xogadora do Atlético Arousana: “Todo xurdíu por orgullo e porque non entendiamos porqué os nenos si podían xogar a fútbol e nós non”.
Grazas as ganas de cambiar o establecido e á ilusión posta por unhas poucas persoas, o semente do Atlético Arousana medraba mentres caían do calendario os últimos días de 1994. Deste xeito, chegaba o ano máis especial da historia do club amarelo. 1995, o ano da súa fundación. “As cousas ás veces parecen que están predestinadas a suceder. Mira que é difícil conseguir patrocinios pero xusto ese día había unha persoa que viunos xogar e animouse a patrocinarnos. Desde ese momento, o meu pai díxome que eu me encargase de buscar ás mozas para facer o equipo e que él encargábase de buscar un adestrador. En 15 días tíñamos todo montado.
Nos primeiros días de fundación do club, Sonia coa axuda dunhas amigas, conseguíu xuntar a 31 xogadoras. Ela mesma se sorprende 25 anos máis tarde do que conseguiron: “Foi unha pasada. Foise pasando de boca a boca e ao final xuntámonos moitas máis das que podíamos imaxinar.
Os Celso Couso, pai e fillo
Miguel Coello conseguíu contactar con Celso Couso (pai) para que adestrase o equipo pero tan só puido estar 15 días porque non podía concilialo co traballo. No seu lugar quedou o seu fillo de adestrador que logo estivo moitos anos e foi unha das grandes figuras da historia do club. A pesar de non poder adestrálas, Celso (pai) deixou as oficinas da súa empresa como sede para o club e será recordado sempre por todos os xiareiros da entidade vilagarcían.
Sonia tamén recorda “como Celso (pai) formaba parte da Federación Galega de Fútbol en 1996, a través da súa figura fórmase a primeira Liga a nivel galego. Tristemente tan só puidemos xogar de outubro a decembro porque eramos só 5 equipos. Foron 3 meses de competición pero por mor diso empezáronse a mover unha chea de equipos pola zona e enseguida sumáronse máis á Liga”.
Sonia Coello, ex xogadora do Atlético Arousana
A través de Celso Couso que formaba parte da Federación Galega de Fútbol en 1996, formouse a primeira Liga a nivel galego na que participamos 5 equipos e durou de outubro a decembro
Os cartos son imprescindibles para o xurdir dunha entidade. No caso do Arousana, Extrugasa foi o seu mellor aliado nos comezos e o primeiro gran patrocinador do club. Unha empresa que xa na época estaba a apostar polo deporte feminino xa que patrocinaba ao club de baloncesto de Vilagarcía. Ata a chegada de Extrugasa o equipo amarelo tan só contaba con pequenas axudas e patrocinadores.
Dos amigables á competición pasando polo debut no Trofeo Santa Riba
Situámonos nos comezos de 1995 e prácticamente non había nin equipos nin posibilidade de participar en ningunha Liga. A directiva que estaba formada por 7 persoas (básicamente os pais das xogadoras) buscaron partidos amigables para que o club puidera xogar.
O Atlético Arousana debutou xogando o Trofeo Santa Riba contra o Salgueiral de Portonovo. Hai que recordar que por entonces non había partidos federados e tan só se podía xogar amigables.
En outubro de 1995 empezou a xurdir no equipo as ganas de competir e demostrar nun terreo de xogo o adestrado e a ilusión polo que estaba nacendo. As xogadoras, en comunión co adestrador e directiva, apuntáronse na liga provincia fútbol sala feminina na zona de Vigo e comezaron, de este xeito, a poñer puntos e competitividade ao que estaban facendo. “Ao final xogar amigables está moi ben pero a competición é o que verdadeiramente che engancha a isto. Aínda así, nós seguiamos co tema de fútbol 11 entre cella e cella e seguiamos adestrando e xogando cuadrangulares e torneos que se celebraban na zona”, comenta Sonia sobre ese momento que estaba a vivir o Arousana.
Plácido Cortés, unha década e un gran legado
Plácido Cortés foi encargado de dirixir ao equipo durante unha década e sentou moitas das bases das que goza o club hoxe en día. As xogadoras gardan un gran recordo da súa figura. “Implicouse moito e soubo saber chegar ás xogadoras. A verdade que tivemos moita sorte con todos os adestradores. A miña experiencia persoal con todos eles sempre foi moi boa. Hai que admitir que nós tamén traballamos moitísimo”, falaba Sonia sobre o seu ex entrenador.
Carolina Baños, capitana e xogadora do Atlético Arousana: “Plácido Cortés foi a persoa que máis marcou a miña carreira. Foi o adestrador que máis anos estivo aquí con nós e co que máis aprendin. É certo que houbo outros que tamén estiveron tempo, como Celso Couso, e que tamén deixaron unha gran pegada”.
A paixón polo fútbol era tal que as xogadoras tiñán que poñer do seu bolsillo para poder xogar e facer frente aos gastos do club: “Nós non só non cobrabamos senón que tiñamos que pagar para poder xogar. Vendiamos lotería para custearnos as viaxes e estabamos moi implicadas. Á hora de adestrar sempre nolo tomabamos moi enserio e sempre lle puxemos moitas ganas e dedicación”, recorda a ex xogadora.
Xogar no estadio de A Lomba como modo de reivindicación
Actualmente o Atlético Arousana xoga no Municipal da Lomba, un campo de herba e con boas instalacións pero nos seus inicios pasou por varios campos. Ao principio xogaba no Mundial 82, actualmente o Manuel Jiménez e adestraba en varios campos, de terra a maioría deles. Co paso dos anos, aquel Mundial 82 dos seus inicios, transformouse en dous campos, un de herba natural e outro de artificial bautizados como o Manuel Jiménez.
Sonia Coello, ex xogadora do Atlético Arousana: “A Lomba xa non era un campo, era un estadio e serviunos tamén como reivindicación. Era unha forma de que a xente vise e valorase o que estabamos a facer”.
“Houbo unha época que nos cederon A Lomba porque nós criamos que mereciamos xogar nun campo máis grande que fose acorde ao que estabamos a conseguir. A Lomba xa non era un campo, era un estadio e serviunos tamén como reivindicación. Era unha forma de que a xente vise e valorase o que estabamos a facer”.
2005, unha gran xeración
Corría a primaveira do ano 2005 cando o Atlético Arousana acadaba o único título de campioas da categoría de prata que luce nas súas vitrinas. Naquel plantel estaban grandes xogadoras como Mari Paz ou Sara González que militan, hoxe en día, na máxima categoría do fútbol nacional. A de Vilagarcía golea nas filas do Valencia e a centrocampista de Tui forma parte do Madrid CFF.
Por se fora pouco, nese equipo tamén estaban Miriam Domínguez e a propia Carolina Baños, entre outras. Unha gran xeración que conseguíu levantar a Liga Nacional no ano 2005. Un título moi deseado e moi especial xa que non o conseguira ningún equipo galego ata o momento.
Carolina Baños, capitana e xogadora do Atlético Arousana: “Se me teño que quedar cun momento quizá sería cando gañamos a liga Nacional no ano 2005. Foi un momento moi especial porque se nos escaparon dous campionatos nos anos anteriores e ademais, non o conseguira ningún equipo galego ata o momento”.
A alegría acadada neses días tivo un sabor agridulce porque o club quedouse ás portas de xogar na máxima Liga nacional. O título que permitiu disputar a fase de ascenso a categoría de ouro xogouse a un só partido e as galegas visitaron o Cerro do Espino para xogar contra o Atlético de Madrid e recibiu al L’ Espartit de Girona.
Sonia Coello, ex xogadora do Atlético Arousana: “Cando en 2005 tocounos xogar contra o Altético de Madrid foi cando realmente fomos conscientes do nivel e da gran diferenza que había”.
Sonia Coello recorda eses días con nostalxia, pero tamén conta como xogar esa fase de ascenso foi un golpe de realidade para o club: “Xogamos varias fases de ascenso pero cando en 2005 tocounos xogar contra o Altético de Madrid foi cando realmente fomos conscientes do nivel e da gran diferenza que había. Nós a nivel local sempre estabamos nos postos de arriba pero cando xogas contra estes equipo dásche conta de que están moitos banzos por encima e que hai que traballar moito para estar ao seu nivel”.
O Atlético Arousana é “sentimento”
Carolina Baños (Vilagarcía, 16-6-1979) é unha de esas one club women que tanto escasean. Unha xogadora adicada toda unha vida a un club, ao seu club. Tal e como ela o define, o Atlético Arousana é “sentimento” e non cabe dúdiba que ela devolve ese sentimento e esa forza cada vez que se enfunda a camisola amarela.
O Atlético Arousana non se pode entender sen a figura de Carolina Baños, que leva ligada ao conxunto amarelo durante os seus 25 anos de existencia. A xogadora de Vilagarcía leva toda unha vida xogando e capitanenado ao Atlético Arousana e repasou os 25 anos de historia do club.
Cambio de logotipo tras as vodas de prata
Durante a gala do 25 aniversario celebrada o pasado mes de decembro, o club de Vilagarcía presentou o seu novo logo. Tras 25 anos as vodas de prata chegan cun cambio visual la imaxe da entidade. De este xeito, celebran 25 anos coa mirada posta no futuro, porque volver está moi ben pero mirar cara adiante é igual de importante.
Lete Lasa: “El fútbol crece como el primer deporte del mundo gracias a las niñas y a las mujeres que lo practican”. A Gala foi todo un éxito e ata contou coa participación do Secretario General para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
O Atlético Arousana, sen dúbida, é un exemplo para todo o deporte femenino, e en especial para o fútbol. Nestes tempos que corren no que o fútbol feminino está pasando polo seu mellor momento, sempre está ben voltar a mirada atrás e ver as cousas con perspectiva. Saber de onde se ven para poder avanzar, pouquiño a pouco e coa boa letra, pero avanzar.
Non podemos esquecer a gran labor de xente como Sonia, que quería facer o que facían os nenos todas as tardes na pista do Piñeiriño. Algo tan simple ou tan complexo como darlle patadas a un balón, pero que polo simple feito de nacer muller non tiña esa posibilidade.
Tampouco podemos deixar de admirar a xogadoras como Carolina. 25 anos competindo e facendo o que máis lle gusta, e que con 40 anos cumpridos, segue a portar o brazalete e a guíar ás súas.
Ou grandes adestradores como Celso e Plácido que sacrificaron moito tempo e dedicación nun deporte que ata non fai tanto tempo parecía que tan só podían practicalo homes. Xente que foron apoios indispensables para que na actualidade estemos máis preto dun obxextivo común: a igualdade.