• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O 2021 foi para o atletismo galego un ano de xestas, medallas, futuro e centenario

Varias foron as atletas galegas que este ano que rematou acadaron grandes xestas: Ana Peleteiro, Adi Iglesias, Susana Rodríguez, Belén Toimil, Esther Pedrosa, Carmela Cardama, Antía Chamosa, Xela Martínez... a lista é longa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/01/2022
en Atletismo, Máis Deporte
Recoñecemento a atletas na Gala do Centenario da Federación Galega de Atletismo / SABELA MOSCOSO

Recoñecemento a atletas na Gala do Centenario da Federación Galega de Atletismo / SABELA MOSCOSO

245
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Rematou un ano moi especial para o atletismo galego, o 2021. O ano do Centenario da Federación Galega de Atletismo e que tivo 365 días cunha chea de novas e acontecementos moi importantes. Entre eles sen dúbida destaca a primeira medalla olímpica lograda polo atletismo galego de mans de Ana Peleteiro cuxo salto de 14.87 m. logrado o día 1 de agosto nos Xogos Olímpicos de Toquio quedará xa enmarcada en lugar preferente na Historia do noso deporte.

Ana Peleteiro, medalla de bronce no triplo salto feminino en Tokyo 2020 / RFEA MIGUELEZ TEAM
Ana Peleteiro, medalla de bronce no triplo salto feminino en Tokyo 2020 / RFEA MIGUELEZ TEAM

Si todo elo parecía producto dun fantástico soño, tan só unhas poucas datas despóis escribíase outro dos grandes momentos da nosa historia ao lograr Adi Iglesias a medalla de ouro nos 100 m. e a de prata nos 400 m. nos Xogos Paralímpicos o que representaría a mellor das maneiras posibles de celebrar os 100 anos de constitución da Federación Galega de Atletismo neste 2021.

Adi Iglesias, xunto a campioa e a terceira clasificada nestes 400m T13, ouro prata e bronce paralimpicos / RTVE
Adi Iglesias, xunto a campioa e a terceira clasificada nestes 400m T13, ouro prata e bronce paralimpicos / RTVE

Paralelamente a estas fantásticas medallas, dous das nosas grandes realidades Adrián Ben e Belén Toimil xunto a Susana Rodríguez e Gustavo Nieves no equipo paralímpico, acudían a esas mesmas citas logo de encabezar os rankings de España tanto nos 800 m. como no concurso de peso respectivamente no que ademáis Belén Toimil lograba un marabilloso récord nacional con eses 18.80 m. Mención especial ten a presenza da xuiza Dolores Rojas nestes Xogos Olímpìcos cuxa actuación representan a súa terceira designación olímpica (Atenas, Londres e Tokio).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe os deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2021. Cidade da Cultura / XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe os deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2021. Cidade da Cultura / XUNTA DE GALICIA

Cardama, Leticia Gil, Jean Marie Okutu… a lista de atletas destacas segue

Non nos esquecemos da gran tempada de Carmela Cardama plasmada nesos resultados e na súa primeira posición no ránking dos 10.000 m. e segunda nos 5.000 m. A súa gran actuación no 2021 ven acompañada polos excelentes rexistros no concurso de lonxitude na que tanto Jean Marie Okutu como Leticia Gil continuán ocupando postos importantes na súa modalidade, ao igual que Saleta Fernández en altura e a as xavelinistas Lidia Parada e Carmen Sánchez sen esquecer a Tariku Novales nas probas de ruta.

Carmela Cardama no NCAA / RFEA TW
A atleta galega Carmela Cardama no NCAA / RFEA TW

A marcha sigue deparando alegrías ao noso atletismo. Antía Chamosa lograba outro dos grandes momentos da tempada ao acadar o bronce no Campionato de Europa Sub23 de Tallin, destacando tamén neste sector Daniel Chamosa, Carmen Escaríz e Juan Manuel Morales neses postos de honra do ránking nacional absoluto.

Antía Chamosa cólgase o bronce no Europeo sub23 / RFEA
A marchadora galega Antía Chamosa cólgouse a medalla de bronce no Europeo sub-23 / RFEA

As categorías inferiores veñen pisando forte

Non queremos deixar pasar por alto o gran número de atletas que desde as categorías Sub23 ata a Sub14 continúan ca súa gran progresión e evolución, e no que os concursos afianzan a súa importancia no atletismo galego neste ano que ven de rematar, o 2021 .  Nomes como Irene Gómez, Marta Neira, Blanca Pereira e Marta Hermida en martelo, Diauo Diallo e Alba Cuns en triplo; Xiana Lago en peso; Antía Otero, Nuno Castro, Ivanna Carolina Román e Paula Piñón en xavelina, comezan e continúan dando alegrías ao noso deporte a nivel nacional e mesmo internacional.

Alba Cuns, forma parte da Selección Galega para o Cto. de España de Federacións / RFEA
Imaxe de arquivo da atleta galega Alba Cuns no Campionato España sub18 / RFEA

Non menos importante son tamén os numerosos talentos emerxentes nas distintas probas que revitalizan e actualizan modalidades como o caso de Belén García e David Vicente nos valos, Jacobo Soler nos 400 m., ou de Ainhoa Reparaz e Antía Pernas nos 100 m.

E o atletismo máster tamén tivo o seu ano no 2021

O deporte máster tamén tivo no ano 2021 unha destacada actualidade e presencia nos distintos Medios de Comunicación. Sen lugar a dúbidas este foi o ano de Pepín Rioseco e de Esther Pedrosa entre os cales lograban sumar nada menos que un total de ¡dez récords do mundo!  convertíndose nos dous grandes referentes europeos e mundiais do ano nas súas categorías.

Esther Pedrosa volve bater un récord mundial / FGA
Esther Pedrosa volve bater un récord mundial / FGA

Hai futuro da man da base do atletismo galego

Un fututo moi ilusionante está por vir da man de xovencísimas atletas cun talento innato e excepcional que dan mostras día a día da súa gran calidade.  Xela Martínez é o gran estandarte desta nova xeración que ven con moita forza e onde xunto á lucense atópande, entre outros, atletas da calidade de Alex Sierpes, Sabela Castelo, Antía Otero, Nuno Castro ou Aleksandra Kostenko marchadora esta última que conta con todo o noso apoio e forza de cara a solucionar a súa estancia definitiva no noso país.

Xela Martínez domina na pista do Campionato de España por seleccións sub16 de Atletismo/ FGA
Xela Martínez domina na pista do Campionato de España por seleccións sub16 / FGA

Xuízas, adestradoras e directivas

Todo este talento reflexado e cuantificado en marcas e postos durante o ano 2021 ten como máximos artífices a todos e a cada un das adestradoras e adestradores cuxo traballo, adicación, constancia e sacrificio, moitísimas veces (máis das desexadas) en precario tanto en recursos como en medios, dan sentido a este deporte.

Por que o deporte son as persoas deportistas, pero tamén outras moitas que fan posibles as competicións e o día a día dos adestramentos e práctica deportiva máis aló das marcas, o deporte como ferramenta para contar con hábitos de vida saudables.

Gala do Centenario da Federación Galega de Atletismo / SABELA MOSCOSO
Gala do Centenario da Federación Galega de Atletismo / SABELA MOSCOSO

Ós clubs e directivos, grazas ao seu importante papel de facilitadores, organizadores e responsables no apartado competitivo, xunto ao Comité Galego de Xuíces, sempre en continúa formación, innovación e duro traballo nun deporte en continúa evolución, fai que podamos mirar con optimismo, sen caer en conformismos nin baixando o nivel de esixencia, cara un futuro esperanzador e ilusionante.

Rematado o 2021, o atletismo galego xa está listo para ir a polo 2022 coas mesmas ganas e intensidade. Imos logo!

 

1 de 4
- +
Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-23 e Sub-20 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO
Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-18 e Sub-16 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO
Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categoría Sub-14 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO
Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categoría absoluta aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

1. Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-23 e Sub-20 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-23 e Sub-20 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

2. Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-18 e Sub-16 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categorías Sub-18 e Sub-16 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

3. Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categoría Sub-14 aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

4. Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categoría absoluta aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

Ránking de atletas galegxs no estatal 2021 categoría absoluta aire libre e ruta / ATLETISMO GALEGO

Etiquetas Adi IglesiasAinhoa ReparazAlba CunsAleksandra KostenkoAna PeleteiroAntía ChamosaAntía OteroAntía PernasatletismoBelén GarcíaBelén ToimilBlanca PereiraCarmela CardamaCarmen EscarizCarmen SánchezDolores RojasEsther PedrosaIrene GómezIvanna Carolina RomanJean Marie OkutuLidia ParadaMarta HermidaMarta HermindaMarta NeiraPaula PiñónSabela CasteloSaleta FernándezSusana RodríguezXiana Lago
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

Máis de 600 participacións rexistraranse esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia Máster de atletismo, que finalmente se...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

A Cidade Deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán da Coruña converteranse este domingo 14 de xuño...

A Coruña celebra o Campionato Galego de Atletismo Sub-10 e Sub-12 con nenos e nenas de toda Galicia / CONCELLO DA CORUÑA

A canteira do atletismo galego toma A Coruña

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

Esta fin de semana a actividade competitiva de base no atletismo estará centrada na competición que se celebrará o sábado...

Club Atletismo Sada no Campionato de España máster por equipos / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Pereiro de Aguiar acolle a IX Copa galega de clubs máster de atletismo

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

O vindeiro domingo, en Pereiro de Aguiar, celebrarase a IX Copa de clubs máster galega. A partir das 16:30 horas...

XXXIX edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez / CONCELLO DA CORUÑA

Alegna González e Shengji Shi conquistan na Coruña o XXXIX Gran Premio Internacional de Marcha dos Cantóns

por Redacción As Nosas
23/05/2026
0

A Coruña volveu converterse este sábado no epicentro internacional da marcha atlética coa celebración da XXXIX edición do Gran Premio Internacional...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

09/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.