O pavillón Sofía Toro converterase, a finais de maio, no epicentro da ximnasia rítmica da comarca. Ese día, daranse cita na instalación municipal preto de 200 ximnastas de toda a comarca e doutras zonas como Santiago nunha exhibición desta modalidade deportiva.
O concelleiro de Deportes, Daniel Mallo, sinalaba ao respecto da proba “o enorme orgullo que supón para o noso municipio acoller unha xornada destas características”.
Os e as deportistas que tomarán parte nesta exhibición de ximnasia rítmica da comarca pertencen aos seguintes colexios, clubs e entidades:
- ANPA Fendetestas (CEIP Wenceslao Fernández Flórez)
- ANPA O Graxal
- ANPA Portofaro
- Club Viravolta Santiago
- Colexio Eirís
- Club María Barbeito
- X.R. Abegondo
- Colexio Ría do Burgo
- Club de Ximnasia Rítimica Carral
A exhibición de ximnasia rítmica de Cambre é unha cita deportiva que terá lugar o vindeiro venres, 28 de maio, a partir das 10.30 horas no Pavillón Sofía Toro.