• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

A segunda vitoria consecutiva do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño chega xusto antes do parón

As galegas venceron ao KH-7 BM Granollers por un marcador de 23-28

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/10/2022
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
KH7 BM Granollers - Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / BM PORRIÑO WEB

KH7 BM Granollers - Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / BM PORRIÑO WEB

55
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Logo de terse clasificado para a seguinte rolda para a Copa da Raíña de balonmán, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño afrontaba esta fin de semana un novo reto ligueiro co obxectivo de sumar a súa segunda vitoria consecutiva antes do parón. Un obxectivo que acadou no Palau D´Esports de Granollers onde mediu forzas contra o KH-7 Bm Granollers ao que se impuxo por un marcador de 23-28.

📸 ¡Estas son algunas de las mejores imágenes que nos ha dejado la Jornada 6 de @IberdrolaDHF! 💚

💥 ¡Hoy nos despedimos hasta después del @EHFEURO 2022 con el #PartidoEstrella!
#SheLovesHandball #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/Av5YmlOVSc

— Liga Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) October 23, 2022

O KH-7 Bm Granollers deu inicio ao partido co primeiro ataque, pero a intensidade defensiva do equipo porriñés empezou desde o minuto cero. O  Conservas Orbe Rubensa BM Porriño presentaba unha defensa 6.0 que o equipo catalán estaba a superar cun xogo moi dinámico con especial presenza dos seus extremos. Pasaron os primeiros minutos do encontro e o KH-7 Bm Granollers puxo o marcador ao seu favor a través do gol de Ana González (4-3).

O conxunto porriñés non estaba a ter especial efectividade para portería. Con todo, mantíñanse preto no marcador, grazas ao gran traballo que estaba a facer Estela Carrera baixo paus. O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño atopábase nun momento de seca goleadora, pero Carmen Prelchi no minuto 13 rompería a mala sorte do seu equipo.

Pasado o ecuador da primeira parte, o equipo local conseguira unha diferenza de tres tantos cun marcador de 9-6. O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño empezou a realizar cambios entre as súas xogadoras. A través do xogo posicional e cun gran traballo de continuidade de balón, Maider Barros poñería a un tanto ao seu equipo.

Pasados o minuto 20, tras un erro cometido polas locais, Thais Fermo poñería a igualdade no electrónico. Diante iso, a técnica do KH-7 Bm Granollers, Dolores Martín, pediu o primeiro tempo morto do encontro.

Na recta final da primeira parte, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño buscaba facer ataques moito máis traballados. No aspecto defensivo, faltáballes contundencia para frear as penetracións das primeiras liñas catalás. Coa bóla para poñer o empate antes do descanso, Martínez pediu tempo morto para organizar un ataque co que asegurarse o gol.

O BM Porriño marchou ao descanso un gol por debaixo do Granollers

Con todo, as imprecisións no ataque impediron poñer a igualdade no resultado e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño foise ao descanso uno abaixo (13-12).

O equipo que adestra Ismael Martínez daba comezo a segunda parte marcando o gol que poñería a igualdade, de novo, no marcador. Con Vales no centro, o KH-7 Bm Granollers subiu o seu defensa exercendo presión na zona central para que a xogadora porriñesa non se movese con comodidade.

Os minutos pasaban e o partido atopábase nunha continuo tira e afrouxa entre ambos os conxuntos. Chegou o minuto dez deste último tempo, o resultado estaba a favor do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño cun 16-19, dándolle a volta ao resultado desfavorable co que se foron ao descanso.

O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño en ataque estaban a xogar cun gran xogo de cruces coa finalidade de descolocar a defensa local e atopar un espazo polo que meter gol. Case no minuto 15, Ona Vegué poñería de novo a un ao seu equipo. Chegou o minuto vinte e o resultado estaba a favor das galegas cun 20-23.

O conxunto porriñés antepúxose ao mal inicio que tiveran e tras o descanso, saíran moito máis fortes. Os minutos pasaban e íase achegando o final do encontro. O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño continuaba mantendo a liña de ataque e defensa que lles estaba resultando ser efectiva. Soou a bucina e o final do partido chegou, o equipo galego sumou unha nova vitoria á súa marcadora cun resultado de 23-28.

💚 ¡Disfruta de las mejores imágenes de la Jornada 6 de la @IberdrolaDHF! 🔛

👉🏻 @BMGranollers 23:28 @BmPorrino

👏 ¡El conjunto gallego sigue con su gran inicio de temporada!
#SheLovesHandball #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/hPyEeBZEIq

— Liga Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) October 24, 2022

FICHA TÉCNICA

23) KH-7 BM GRANOLLERS: Imane Ben, Alba Tort, Martina López, Ona Vila (3), Julia Sau, Lea Kofler, María Grasielly (4), Ona Vegué (7), Ester Somaza, Paula Milagros (1), Ana González(3), Sabryne Santos (1), Martina Capdevila (4), Anna Zarzuela, Nicole Wiggins e Marta Mera.

28) CONSERVAS ORBE RUBENS BM PORRIÑO: Carolina Bono, Micaela Casasola (4), Alicia Campo, Malena Valles (4), Inés Hernández, Aitana Santomé, Ariana Portillo, Maider Barros (5), Sarai Samartín, Paulina Buforn (4), Carmen Prelchi (2), Thais Fermo (9), Carme Castro, Fátima Ayelén e Estela Carrera.

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 4-3, 5-4, 8-6, 9-7, 11-10, 13-12 – descanso – 15-15, 15-19, 19-21, 20-23, 22-24 e 23-28.

EQUIPO ARBITRAL: María Avilés e María Sánchez. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Micaela Casasola, Aitana Santomé e Sarai Samartín. Doutra banda, do KH-7 Bm Granollers excluíron a Alba Tort, Lea Kofler, María Grasielly e Dolores Martín.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sexta xornada da liga Guerreras Iberdrola.

Etiquetas balonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoIsmael MartínezKH-7 BM Granollers
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Replasa Beti-Onak vs Mecalia Atlético Guardés / BELFONT.PHOTO

O Guardés tropeza no primeiro partido ligueiro fronte ao Beti-Onak (18-13)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés estivo desacertado e sen fortuna para portería no primeiro partido da tempada na Liga Guerreras...

Rocasa Gran Canaria vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / BM REMUDAS

Estrea con triunfo a domicilio do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño (21-31)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño empezou a competición regular na Liga Guerreras Iberdrola do mellor xeito posible: vencendo...

Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza: “As sensacións da pretemporada son boas, a pesar de tantos cambios no bloque”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés que adestra Cristina Cabeza mídese ao conxunto navarro do Replasa Beti-Onak no primeiro partido do...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño 2023-24 / BM PORRIÑO

Ismael Martínez quere que este curso o BM Porriño “xogue cousas importantes” e así “enchelo pavillón”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  A liga Guerreras Iberdrola volve tras tres meses de descanso. Durante este tempo, os 12 equipos que conforman a...

O Mecalia Atlético Guardés vence a Supercopa de Galicia 23 ao gañar ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés leva a Supercopa de Galicia ao gañar ao BM Porriño con claridade (31-23)

por Redacción As Nosas
27/08/2023
0

  Ao Mecalia Atlético Guardés non lle freou o cansazo que arrastraba da Summer BAG e conquistou a Supercopa de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.