- Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo Galego patrocinado pola Deputación de Ourense e que xuntaba aos principais actores do TR galego do ano 2025
No transcurso da gala e baixo un gran ambente, Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo, abría oficialmente a mesma dando a benvida a todos os asistentes cun breve discurso, logo do cal, fóronse destacando todos os resultados logrados polos nosos deportistas ao longo do ano 2025, enumerando as medallas logradas nos distintos campionatos de España individuais e por seleccións, entre as que cabe salientar, os títulos logrados por Elpido Gómez, por partida dobre, e por Raquel Estévez na edición de Canfrank.
De igual modo fóronse outorgando as distintas premiacións ás tres primeiras e primeiros do Ránking en cada unha das modalidades, entre os que cabe citar:
- Categoría Vertical mulleres: Tamara García, Lucía Peón e Raquel Estévez
- Categoría Vertical homes: Fico Losada, Elpidio Gómez e Hugo García
- Categoría Preclassic mulleres: Julia Salvado, Lucía Taboada e Emma Méndez
- Categoría Preclassic homes: Eloy Martínez, Adrián Sesar e Roi Mourón
- Categoría Classic mulleres: María Martínez,Tamara García e Rosa Araujo
- Categoría Classic homes: Fico Losada, Marcos Pascual e Alexandre Otero
- Categoría Maratón mulleres: Charo Figueroa, Carolina Miño e María Martínez
- Categoría Maraton homes: Moncho Muiños, Xenxo Laso e Jose Santiago
- Categoría Ultra mulleres: Tamara García
- Categoría Ultra homes: Xenxo Laso, Jose Santiago e Yago Breijo
- Resto de líderes das categorías classic. Lucía Taboada e Tomás Bautista (Sub16); Xulia Vidal e Diego Ferreira (Sub18); Julia Salvado e Eloy Martínez (Sub20); Alejandra Formoso e Hugo García (Sub23); María Martínez e Alexandre Otero (Senior); Rosa Araujo e José Martín (Máster-35); Lucía Peón e Marcos Pascual (Máster-40); Beatríz Barroso e Fico Losada (Máster-45); Mª Pilar González e Elpidio Gómez (Máster-50); Raquel Estévez e Emilio Montilla (Máster-55); María José Lamas e Saturnino González (Máster-60); Araceli Veiga e Manuel Suárez (Máster-65) e Tomás López (Máster-75)
Tamara García, Elpidio Gómez e o Trail das Bestas, acapararon os premios principais
Por valoración de méritos dun xurado especialista, os premios principais da noite nesta II Gala do Trail Running do Atletismo Galego foron para Elpidio Gómez do ADAS CUPA e para Tamara García do CD Biosbardo quenes se proclamaron como os mellores atletas de TR galegos do ano 2025. O mesmo xurado valoraba e outorgaba ao Trail das Bestas en Muras como a mellor proba de TR galega do ano 2025.
A maiores tamén se foron outorgando premios nas seguintes categorías:
- Premio á mellor protección medioambiental: Trail da Baña
- Premio á mellor integración do percorrido no medio natural: Trail Coba da Bruxa
- Premio á mellor comunicación: Trail Terras de Burón
- Premio á mellor seguridade: Trail de Lousame
- Premio especial á mellor fotografia: Equipo fotográfico do Trail Coba da Bruxa
- Premio especial ao mellor xurado: Campionato de Galicia Ultra en Chantada
- Premio ao mellor Spaeaker: Pablo Ríos
Na última parte desta Gala do Trail Running do Atletismo Galego, presentábase a axenda do ano 2026 na que se incidía na importante oferta que tanto en probas como en actividade de TR se vai desenvolver, pasando a continuación, parte dos promotores e organizadores dos distintos Trails, a presentar a súas probas.
Numerosas autoridades acudiron á Gala do Trail Running Galego
A II Gala do Trail Running do Atletismo Galego contou ca presenza do presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, xunto ao cal estivo presente a directora Territorial da Conselleria de Presidencia da Xunta de Galicia Beatríz Fernández; Kike Alvarez, asesor Técnico de deportes da Deputación de Ourense; Anibal Pereira, concelleiro Deportes de Ourense; Olga Mojón, directora do Teatro Principal de Ourense, así como Jose Luis Nava e Roberto Álvarez director de Márketing e delegado de Galicia de Lurbel repectivamente. O presidente da Deputación de Ourense Luis Menor, excusaba a súa asistencia ao acto, por motivos ineludibles de axenda de última hora.
A gala pechábase ca intervención de Beatríz Fernández que animaba a todos os estamentos do TR a seguir contribuindo co seu esforzo e adicación a facer un mellor ano no deportivo 2026.





















