• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Dous duelos galegos na 11ª xornada da Primera División do FutSalFem

ENCE Marín Futsal vs Viaxes Amarelle FSF e Ourense Enviala vs Poio Pescamar centran a atención desta fin de semana na que, ademais, o Pescados Rubén Burela recibe ao Móstoles

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/12/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle vs ENCE Marín FutSal, hoxe xogarán a Copa Galicia/ SABELA MOSCOSO

Viaxes Amarelle vs ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO

83
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Se non queres caldo, dúas tazas. Dous duelos de rivalidade rexional enchen de emoción esta fin de semana de futsalfem galego estatal na elite. Veranse as facianas primeiro o ENCE Marín FutSal que recibe ao Viaxes Amarelle FSF ás 16:30 horas no Pavillón da Raña en Marín. Logo será a quenda do cruce entre Ourense Envialia e Poio Pescamar ás 17:00 horas no Pavillón dos Remedios de Ourense, un partido adicado á loita contra a violencia de xénero. Pecha a xornada dos clubs galegos o Pescados Rubén Burela que recibe en Vista Alegre ao FSF Móstoles ás 18:30 horas. Todos os partidos terán lugar hoxe sábado 3 de decembro.

A décima praza da xeral está en xogo no derbi galego entre o ENCE Marín Futsal e o Viaxes Amarelle FSF. As herculinas pelexarán por escalar unha posición na xeral, contra dun rival do que lle separan dous puntos. As da Coruña mediranse na tarde de hoxe sábado 3 de decembro de 2022, a partir das 16:30 horas, no Pavillón Municipal da Raña (Marín) ao ENCE Marín Futsal.

Viaxes Amarelle vs ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO
Viaxes Amarelle vs ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO

Foi esta unha semana atípica de traballo para a escuadra herculina, tras o empate conseguido o pasado sábado fronte ao Melilla Sport Capital Torreblanca FSF. O club laranxa tense que preparar para afrontar tres encontros no próximos sete días. Ten por diante dous derbis galegos de liga moi esixentes, e unha viaxe a Las Palmas de Gran Canaria, onde pelexará un posto nos cuartos de final de Copa de S.M. A Raíña de Fútbol sala.

O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Xanaia, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, *Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Khrystyna Stepanenko, Marta Hermo, Laura Rivas e Estelita.

O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é un ENCE Marín Futsal que actualmente ocupa a décima posición da xeral con 11 puntos, cultivados tras 3 vitorias, 2 empates e 5 derrotas, nos dez encontros que disputaron ata a data. Suman 25 goles a favor, e encaixaron 30 tantos en contra.

O ENCE Marín FutSal aspira a entrar nos postos de play-off

As marinenses que saían nesta tempada cun bloque de xogadoras formado para pelexar polos postos de play-off polo título, tivo varios tropezos que afástanas agora mesmo en case 9 puntos desa zona nobre da táboa así que precisan unha vitoria canto antes para seguir con opcións de loita polo seu obxectivo neste tramo final da primeira volta da competición.

O ENCE Marín Futsal chegaba o pasado curso á Primeira RFEF Futsal Feminina, e destacou como equipo revelación cunha gran tempada, onde terminou na oitava posición, e cunha ampla marxe de vantaxe sobre o seu obxectivo principal de evitar o descenso. Cun bloque de xogadoras consolidado como Ceci Puga, Café, Silvia Aguete, María León, Pau García, Adriana García, Inés Mayán e Marta Gago, esta tempada, o conxunto marinense reforzouse coas fichaxes de Lara Balseiro, Ale de Paz, Bea Mateos, Lucía Paz, Iria Varela e Nuria Rodríguez.

Silvia Aguete, porteira do ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO
Silvia Aguete, porteira do ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO

O último duelo previo as de Marín e as da Coruña remóntase á pasada tempada, onde ambos os dous equipos enfrontáronse en partido de Copa de S.M. A Raíña de Fútbol sala, e o encontro terminou cun marcador favorable para as marinense por un axustado 4-5.

O conxunto herculino tratará de sumar puntos contra un rival, que a pesar da súa posición actual na táboa, está feito para pelexar por posicións de play-off polo título, con xogadoras que son habituais da Selección Española de Fútbol sala Feminino.

O Poio Pescamar quere seguir sumando na pista do Ourense Envialia

O segundo dos duelos galegos de rivalidade nesta xornada é o que medirá, no Pavillón dos Remedios a Ourense Envialia e Poio Pescamar, tamén hoxe sábado, a partir das 17:00 horas.

🗞️OP. QUILO 2023 // J.11 // TRAE ALIMENTOS (@axamencer) // PARTIDO DEDICADO A LA LUCHA CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
📅 03/12
⏰ 17:00H
OURENSE ENVIALIA FSF 🆚 @PoioPescamarf
📍 #Ourense
🏟️ OS REMEDIOS
TIENDA 👇https://t.co/l0RVFqW3u5
Diseño: @BeaSeijasDiseno

🚀🧡 #imosOlio pic.twitter.com/XXWS2qnANf

— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) December 3, 2022

O Poio Pescamar é terceiro, empatado a puntos coas segundas (Pescados Rubén Burela). Contan con 27 puntos no seu haber froito de nove partidos gañados e so un perdido. O golaverage (40 goles a favor e 12 en contra) as colocan neste punto da competición por debaixo do Burela.

No caso das locais, o Ourense Envialia marcha oitavo con catro partidos gañados, un empatado e catro perdidos, sumando así 13 puntos no seu casilleiro.

Na xornada previa as ourensás que adestra Mondo empataba 2-2 na pista do Gran Canaria FSF Teldeportivo. Mentres que o Poio Pescamar vencía pola mínima 2-1 ao Leganés. O Ourense Envialia non perde desde a xornada seis na que lle tocou visitar o fortín do Futsi Atlético Navalcarnero (5-2). Xustamente as madrileñas son o único rival que tumbou polo de agora ás conserveiras. O cruce tivo lugar na 2ª xornada (3-0). Desde entón, o Poio Pescamar non coñece a derrota.

O Burela recibe ao FSF Móstoles

No caso do Pescados Rubén Burela as xogadoras que adestra Julio Delgado reciben en Vista Alegre ao FSF Móstoles a partir das 18:30. As da Mariña son segundas, empatadas a puntos co Poio Pescamar e con tres puntos menos que as intratables futbolistas do Futsi Atlético Navalcarnero, que se manteñen á fronte da táboa invictas con dez partidos xogados e dez gañados.

Xustamente na xornada previa as galegas caían derrotadas por primeira vez en liga neste curso ao visitar ao Futsi Atlético Navalcarnero e perder por 4-3. Polo que o conxunto adestrado por Julio Delgado quererá, máis que nunca, recuperar o camiño dos triunfos.

O Fútbol Sala Femenino Móstoles ocupa a novena posición. Ten conseguido catro triunfos, non colleitou ningún empate e perdeu seis partidos. Mide forzas ante o Burela logo de endosarlle un 7-2 ao ENCE Marín FutSal. Polo que quererá seguir sumando vitorias a costa de equipos galegos. As madrileñas non gañaban desde a xornada 6ª cando se impoñían ao Leganés por 3-1.

Estas son as #GuerreirasLaranxas elixidas para o partido desta tarde en Vista Alegre ante @FSFMostoles.👇

Só faltas ti!🧡 pic.twitter.com/UJSG9VD9Vy

— CD Burela FS (@burelafs) December 3, 2022

O encontro de Primeira División do FutSalFem da RFEF entre o CD Burela FS e o FSF Móstoles, será un partido adicado ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, en colaboración coa Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia na súa campaña “NON á violencia de xénero”, segundo informa o club de Burela.

Deste a entidade da Mariña explícase que se ten creado “un cartel adicado a esa temática e celebrarase un acto previo ao partido no que as xogadoras do Burela FS e o presidente do club Manuel Blanco Fanego, sairán a media pista cunha pancarta co logo oficial da campaña, pola loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida”.

💜O encontro CD Burela FS Vs FSF Móstoles deste sábado será un partido adicado á loita contra a violencia de xénero.

Presentouse hoxe en Vista Alegre co presidente do club, Manuel Blanco e a xogadora Antía Pérez.

Na nosa sociedade só pode haber unha resposta.

👇
NON! pic.twitter.com/4E4Kb5lh2C

— CD Burela FS (@burelafs) December 1, 2022

Retransmisión en directo por TVG2 dos derbis galegos e streaming 

Os dous derbis galegos serán emitidos en directo a través da TVG2 a xeito de carrusel, ademais de emitirse tamén desde a plataforma de g24.gal.

🚨Retransmisións de hoxe na G2📺 e en G24📲

⌚16:30h, carrusel de fútbol sala feminino con dous derbis galegos

⚽ @marin_futsal – @amarellefsf
⚽ @OUenvialiaFSF – @PoioPescamarfs https://t.co/2hZ9DB2klS pic.twitter.com/NM0Bfat3Ue

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) December 3, 2022

Tampouco faltará á cita a emisión por streaming a través da plataforma da Real Federación Española de Fútbol, e xestionado por Live Vuvuzela podendo seguir en directo os encontros a través das seguintes ligazóns.

Etiquetas ENCE Marín Futsalfútbol salafutsalourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Antía Pérez, coa Selección de España no Mundial de fútbol sala, nun partido contra Colombia / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | Pase a cuartos de España con goleada a Colombia (5-1)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

España xa está en cuartos de final do Mundial 2025 de futsalfem e, ademais, conseguíu ese pase dando un golpe de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

07/12/2025
Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

‘Elas seguen na cancha’, unha xornada da FEGABA para impulsar a continuidade das xogadoras no baloncesto a partir da etapa cadete

07/12/2025
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.