É a quenda da Seca. O templo do fútbol sala poiense acollerá o segundo partido da semifinal polo título de liga (sábado, 16.15 horas, en directo por TDP Play) no que o Poio Pescamar medirá forzas diante do Futsi Atlético Navalcarnero. A vitoria conserveira provocaría un terceiro duelo, de desempate. Pola contra, se gañan as madrileñas, actuais defensoras do título, volverán estar na final.
Ver esta publicación en Instagram
Sucedeu de todo no primeiro partido da eliminatoria (e non precisamente para ben das galegas do Poio). O peor, tal e como apuntan desde o club conserveiro, a lesión de Èlia, con rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.
Ver esta publicación en Instagram
O mellor, que a pesar de que o punto se nos escapou nos penaltis, o equipo demostrou ser totalmente capaz de superar a eliminatoria, como sinalou o técnico das conserveiras Luis López-Tulla en rolda de prensa.
Ver esta publicación en Instagram
Máis aló de analizar resultados, toca crer máis que nunca no equipo e facer un chamamento a que todo o concello de Poio acuda a animar ao pavillón. Ás 14:45h farase un recibimento ao Poio Pescamar na entrada da Seca.
Ver esta publicación en Instagram
O Futsi Atlético Navalcarnero, pola súa banda, volveu demostrar que ante os grandes clubs non se pode baixar a garda nin un segundo. As navalcarnereñas souberon repoñerse ás adversidades e potenciar a súa pólvora ofensiva para igualar un encontro, o do pasado sábado, que parecía caer do lado galego. Por algo son o conxunto máis anotador do campionato de liga.
O Poio Pescamar, obrigado a gañar
De vencer no encontro de mañá, o Futsi Atlético Navalcarnero accedería á súa segunda final da tempada. A outra, na Supercopa, perdérona contra o Melilla.
Ver esta publicación en Instagram
O empate (para estes efectos non se teñen en conta as quendas de penaltis) do primeiro partido da semifinal supuxo nosa primeira igualada nun enfrontamento de playoff.
Ademais, a bagaxe particular de duelo contra as branquivermellas no presente curso é de 1 triunfo conserveiro, 1 igualada e 2 vitorias madrileñas do Fútsi.
Ver esta publicación en Instagram





















