As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra continúan escribindo a historia do waterpolo galego. Desta volta veñen de asinar a súa primeira vitoria fóra de casa. Foi en terras catalás na piscina do AESE ao que se impuxeron 10-12.
Primera victoria a domicilio, y tercera en Primera Nacional Femenina!
Las chicas del Club Waterpolo Pontevdra continúan escribiendo la historia del waterpolo gallego, con la primera victoria fuera de casa y en tierras catalanas.https://t.co/Xov0eq88Wr
ENHORABUENA CHICAS! pic.twitter.com/H7BZsgt1yF— Waterpolo Pontevedra (@WP_Pontevedra) December 4, 2022
Para pechar a primeira volta o Club Waterpolo Pontevedra visitaba Barcelona para enfrontarnos ao A.E. Santa Eulalia, nun partido que comezou cun parcial de 1-5. Despois de corrixir moitos aspectos defensivos as galegas déronlle a volta ao marcador para empezar empatadas o último período. E é que este equipo conseguiu aprender dos erros e está a realizar unhas últimas partes con moita intensidade e iso fixo posible unha remontada para deixar un 10-12 a favor.
Esta importante vitoria deixa ao equipo do Club Waterpolo Pontevedra, máximo representante do waterpolo feminino galego no ámbito estatal, na quinta posición da táboa clasificatoria da Primera División. Esto achega máis as pontevedresas a un dos obxectivos que é manter a categoría. Por outro lado, o Club Waterpolo Pontevedra vai conseguindo aos poucos outra das metas que non é outra que adaptar ao equipo, novo na categoría.
Esta primeira vitoria a domicilio é a terceira das galegas nesta categoría na que son debutantes.
A próxima fin de semana o equipo galego descansa para comezar a segunda volta o 17 de decembro en Marín recibindo ao Canoe.
FICHA TÉCNICA
10) AE SANTA EULALIA: Judith Agudo, Maylen Sampedro (3), Eire Ano, Mar Pavia (1), Raquel Argente (2), Ana Arias (1), Alexandra Carangelo, Xenia Cortés, Beatriz Antas, Brooke Tora (1), Jana Ubarti (1), María Campillo (1) e Nicol Xerez.
12) CLUB WATERPOLO PONTEVEDRA: Alejandra Galegos, Uxía Ferreira, Valentina Restrepo (1), Karla Hernández (1), Iria Amoedo, Noa Tacón, Sara Vanegas (2), Izaskun Tellería (1), Rocío Ferreira, Carmen Carrera (3), Irene Esteban (1) e Andrea Andión (3).
PARCIAIS: 3-1, 3-3, 2-4, 2-4
EQUIPO ARBITRAL: Chantal Van Dam, Paula Fernández Pérez, Sergi Rabadan Expósito.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada sétima da Primera División Femenina da RFEN disputado na piscina da Agrupació Esportiva Santa Eulàlia en Hospitalet de Llobregat. Podes ler a a acta íntegra do partido na RFEN nesta ligazón.




















