• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.256

As federacións deportivas con máis deportistas recoñecidos e recoñecidas son piragüismo (176), atletismo (97), taekwondo (82), fútbol (82), salvamento e socorrismo (81), remo (67), vela (63), patinaxe (59), halterofilia (35), tríatlon e péntatlon moderno (33) e natación (30)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/07/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela compite ao máis alto nivel/ RFEP

O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela / RFEP

61
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa. No momento actual, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas segue batendo récords e chega xa a 1.256, sendo 481 mulleres (38%) e 775 homes (62%).

Arredor do 79% (993) de todos os recoñecidos son deportistas galegos de alto nivel (378 mulleres e 615 homes). Ademais, hai 102 deportistas de rendemento deportivo de base (49 mulleres e 53 homes); 101 deportistas de alto rendemento (33 mulleres e 68 homes); 33 técnicos de alto nivel (catro mulleres e 29 homes); 17 árbitras e xuízas (doce mulleres e cinco homes); e dez deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e cinco homes).

O piragüismo é a disciplina que conta con máis deportistas no alto nivel

Entre estes DGAN vitalicios atópanse algúns dos mellores deportistas de Galicia como Carlos Arévalo, Carlos Pérez ‘Perucho’, Teresa Portela e Cristian Toro (piragüismo), Támara Echegoyen, Nico Rodríguez e Sofía Toro (vela), Adi Iglesias (atletismo adaptado), Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon) e Chano Rodríguez (natación adaptada).

A galega Adi Iglesias, no podio dos Xogos Tokyo 2020 amosando a súa prata nos 400m T13 / RTVE
A galega Adi Iglesias, no podio dos Xogos Tokyo 2020 amosando a súa prata nos 400m T13 / RTVE

Cómpre salientar, asemade, que entre todas as categorías están recoñecidos 38 deportistas galegos con diversidade funcional, o número máis alto da historia (once mulleres e 27 homes).

Máis polo miúdo, as federacións deportivas con máis deportistas recoñecidos e recoñecidas son piragüismo (176), atletismo (97), taekwondo (82), fútbol (82), salvamento e socorrismo (81), remo (67), vela (63), patinaxe (59), halterofilia (35), tríatlon e péntatlon moderno (33) e natación (30).

Teresa Portela fai historia colgándose a prata do K1 200 nos seus sextos Xogos / COE
Teresa Portela fai historia colgándose a prata do K1 200 nos seus sextos Xogos / COE

Estas cifras acadadas polo deporte de alto nivel de Galicia débense por unha banda, ao traballo e ao incremento de nivel dos deportistas de Galicia nos últimos anos, así como ao novo decreto de alto nivel publicado en setembro de 2020 que, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén recoñece o alto rendemento deportivo (práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo) e o rendemento deportivo de base (etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel).

O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.

2023, ano récord en axudas para deportistas galegos recoñecidos

Cómpre salientar tamén o ano 2023 que vén de rematar como un ano de récords no que respecta ás axudas para os deportistas galegos recoñecidos. No mes de outubro a Fundación Deporte Galego publicaba a resolución da convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel ‘Axudas DGAN 2023’. Estas axudas, convocadas no mes de maio contaban cun orzamento inicial de 500.000 euros e foron incrementadas ata preto dos 700.000 euros (680.940 euros), marcando un novo récord que supuxo un 12% máis que o exercicio de 2022, cando xa se había acadado o máximo histórico.

En total, foron concedidas 445 axudas DGAN. Cómpre lembrar que, nesta edición 2023 volveuse optar polo modelo dunha única convocatoria para axudar á preparación e participación dos deportistas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024, así como ao resto de deportistas DGAN que tiveran o recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2022 e 2023.

Neste 2024, a Fundación Deporte Galego reserva outros 600.000 euros para as axudas DGAN. Este xoves, de feito, publicarase a primeira resolución das axudas solicitadas ata o momento para axudar á preparación e participación dos deportistas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024 (os deportistas poden solicitar as axudas nesta liña ata o 30 de setembro).

Axudas TAXAGAN

Ademais, o ano pasado resolveuse a primeira convocatoria de axudas para persoas técnicas, adestradoras e persoas xuízas, árbitras galegas de alto nivel da historia (Axudas TAXAGAN 2023) que chegou a un total de 25 persoas beneficiarias (16 persoas técnicas/adestradoras e nove persoas xuízas/árbitras) cun total de 45.500 euros, o que representa un incremento do 52% do seu orzamento inicial que era de 30.000 euros.

Etiquetas Adi IglesiasDGANFundación Deporte GalegoSofía ToroSusana Rodríguez GacioTámara EchegoyenTAXAGANTeresa PortelaXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Deporte Lugués en Feminino - Axenda Deportiva tempada 2026 -27 / DEPUTACIÓN DE LUGO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo edita a axenda “Deporte lugués en feminino”

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentará o vindeiro luns (6 de xullo, ás 17.00 horas) a publicación “Deporte lugués...

Susana Rodríguez Gacio e Sara Pérez sobre a bici na proba de Montreal, terceira das Series Mundiais / CSD

Susana Rodríguez Gacio vence nas series de Montreal 

por Redacción As Nosas
28/06/2026
0

  A terceira das citas das Series Mundiais de paratríatlon celebrouse esta fin de semana en Montreal (Canadá). Alí a...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 moitos deles teñen a consideración de deportistas de alto nivel/ XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  Con as novas 85 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas no alto nivel...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.