• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Preto de 1.000 persoas inscritas na X Carreira Popular Torre de Hércules e na II Andaina Solidaria integradas na programación do 8M da Coruña

Esta carreira do Circuíto Coruña Corre, que terá lugar o 26 de marzo, incorpórase á campaña #ImportaEMoito | A recadación íntegra da andaina será destinada á ONG Juan Soñador, que leva a cabo accións de acollida e información para mulleres migrantes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/03/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Presentación da X Carreira Popular Torre de Hércules e na II Andaina Solidaria co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA

Presentación da X Carreira Popular Torre de Hércules e na II Andaina Solidaria co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA

160
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Case mil deportistas inscribíronse xa na X Carreira Popular Hércules e na II Andaina Solidaria #ImportaEMoito. Trátase da segunda proba do circuíto Coruña Corre e forma parte este ano da programación do Día da Muller, 8M. Hoxe, mércores, tivo lugar a presentación oficial, á que asistiron as concelleiras de Deportes, Mónica Martínez, e de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira. 

Tanto a carreira como a andaina celebraranse o sábado 26 de marzo e, como xa é tradición, será a única proba nocturna do circuíto Coruña Corre. As carreiras comezarán ás 17.00 horas. Haberá nove probas de categorías inferiores e está previsto que á carreira absoluta comece ás 20.00 horas.

Unha carreira popular de 6,6km

O percorrido total é de 6,6 quilómetros, a saída estará no paseo dos Menhires e a meta na Torre de Hércules. Ao acto de presentación asistiu tamén José Carlos Tuñas, presidente e adestrador do club Coruña Comarca, que colabora nesta proba. Ademais, Tuñas foi o gran impulsor desta carreira polo parque da Torre de Hércules.

“É esta unha carreira especial polas características da proba, en sábado e pola tarde-noite. O final da proba será a carón do faro milenario símbolo desta cidade, despois de superar algunha que outra costa importante”, sinalou Mónica Martínez.

Mónica Martínez, concelleira de Deportes do Concello da Coruña salientaba que esta cita é: “unha carreira especial polas características da proba, en sábado e pola tarde-noite. O final da proba será a carón do faro milenario símbolo desta cidade, despois de superar algunha que outra costa importante”

Unha andaina solidaria incluída nos actos do 8M

Ademais da carreira, poderase participar na II Andaina Solidaria #ImportaEMoito, que se atopa dentro das iniciativas do Concello da Coruña co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, e ten un percorrido similar ao da proba do circuíto.

As persoas que desexen realizala levarán un dorsal solidario cunha cor diferenciada e o número 261, empregado pola primeira muller que correu con dorsal nunha maratón, Kathrine V. Switzer. Os donativos para esta acción solidaria realizaranse a través da web oficial de Coruña Corre e serán de 3 euros, 5 euros ou cantidades superiores. As persoas participantes recibirán un quentador de pescozo conmemorativo.

A entidade que recibirá a recadación íntegra da andaina será Juan Soñador, que leva a cabo accións de acollida e información para mulleres migrantes a través do seu programa Círculos de Mulleres – Malaikas. No acto desta mañá estivo presente Eloína Ingerto, directora territorial da asociación.

Un total de 45 mulleres de 11 nacionalidades comprendidas entre os 31 e 78 anos participan nas actividades dos Círculos. “Con esta colaboración queremos seguir amosando o noso apoio ao tecido asociativo da cidade, así como a aqueles proxectos que traballan a favor da igualdade e o empoderamento das mulleres”, apuntou Yoya Neira.

Inscricións ata o 20 de marzo

A data límite para inscribirse tanto na carreira como na andaina é o 20 de marzo ás 23.59 horas. O custo será de 3 euros polo dorsal máis 2 euros polo chip, coa excepción das persoas desempregadas, maiores de 65 e con Carné Xove, que pagarán 2 euros máis 1 euro polo chip.

Ata o momento hai case mil persoas inscritas nas diferentes carreiras, o que confirma que a participación será moi alta.

Por outra banda, a inscrición no circuíto Coruña Corre estará aberta ata o 1 de maio. Cabe lembrar que só é necesaria a participación en 4 probas para figurar nas táboas clasificatorias do circuíto. As inscricións faranse en liña nas páxinas www.corunacorre.com e www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Este ano 2022 A Coruña recuperou o seu circuíto de carreiras populares, o Coruña Corre. Xa se disputaron algunhas citas deste competición que arrincou coa popular de Matogrande celebrada en xaneiro. Esta proba ao carón da Torre de Hércules será a segunda. Logo virán as do 8 de maio, a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma; o 22 de maio, a carreira dos Rosales; despois da pausa dos meses estivais, xa o 11 de setembro terá lugar a Volta a Oza; seguidas polas probas do 23 de outubro no Ventorrillo e o 27 de novembro en Novo Mesoiro.

Etiquetas A CoruñaatletismoCoruña CorreJosé Carlos TuñasKathrine V. SwitzerMónica MartínezYoya Neira
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.