Ciudad Real será a cidade que acolla o 19 de setembro o XLV Campionato España de Seleccións Autonómicas de Atletismo. Á cita están convocadas con Galicia dez atletas galegas femininas e nove atletas masculinos. Atletica Val Minor, S.G. Pontevedra, Marineda Atlético, Playas de Castellón, Atl. Fem. Celta, ADAS Proinor e Valencia Club Atletismo aportan deportistas femininas.
Logo da disputa nas Pistas Universitarias coruñesas de Elviña do Campionato de Galicia Absoluto a finais do mes pasado, a dirección técnica da Federación Galega de Atletismo ven de anunciar a convocatoria da Selección Galega para acudir ao XLV Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Castilla La Mancha.
Viaxarán un total de 19 atletas quenes tomarán parte de maneira mixta nas distintas probas que forman o calendario deste novo formato competitivo marcado polas variacións que obriga a situación actual, según informa a Federación Galega de Atletismo.
Entre a relación de convocadas/os destaca a presencia da mundialista Belén Toimil no concurso de peso, a da campioa de España en altura Saleta Fernández así como a do bronce nacional nos mesmos campionatos Leticia Gil en lonxitude.
Completan a relación destacada as/os tamén internacionais Uxía Pérez nos 5.000 m., Irene Gómez en martelo, Elian Numa nos 800 m., e Dani Chamosa na marcha.
A relación de convocados e convocadas terán ata o día de mañán pata confirmar a súa presenza na selección a través do enlace oficial
Relación de probas atletas e clubs Campionato España de Seleccións Autonómicas
MULLERES | ||
100m | Ainhoa Reparaz Sánchez | Atletica Val Minor |
400m | Eugenia Gil Soriano | S.G. Pontevedra |
1.500m | Angharad Davies | Marineda Atlético |
5.000m | Uxía Pérez Bugarín | Playas de Castellón |
3.000m Obs. | Alice Marie Genevive Finot | Atl. Fem. Celta |
400m.v. | Belén García Arias | ADAS Proinor |
Lonxitude | Leticia Gil Pérez | Playas de Castellón |
Altura | Saleta Fernández López | Valencia Club Atletismo |
Peso | María Belén Toimil Fernández | Playas de Castellón |
Martelo | Irene Gómez Costas | Valencia Club Atletismo |
HOMES | ||
200 | Pedro Juncal Otero | R.C. Celta |
800 | Elian Numa López Iglesias | Coruña Comarca |
3000 | Carlos Porto Pazos | S.G. Pontevedra |
110 m.v. | Miguel Pérez Vázquez
| Lucus Caixa Rural Galega |
5.000 marcha | Daniel Chamosa Dacasa | S.G. Pontevedra |
Triplo | Alexander Barreiro Pérez | Lugo running Club |
Pértega | Miguel Cajaraville Mosquera | R.C. Celta |
Disco | Francisco Javier Guzmán Ares | C.A. Santiago |
Xavelina | Jonathan Correa Prado
| R.C. Celta |
4×100 Mixto | ||
Belén García Arias | ADAS Proinor | |
Leticia Gil Pérez | Playas de Castellón | |
Miguel Pérez Vázquez | Lucus Caixa Rural Galega | |
Alexander Barreiro Pérez | Lugo running Club | |
4×400 Mixto | ||
Eugenia Gil Soriano | S.G. Pontevedra | |
Angharad Davies | Marineda Atlético | |
Pedro Juncal Otero | R.C. Celta | |
Elian Numa López Iglesias | Coruña Comarca |