O novo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, mantivo a primeira xuntanza institucional co secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.
Malia que xa se tiñan producido encontros e chamadas entre os dous dirixentes, non foi ata esta semana que se concretou esta xuntanza oficial nas dependencias da secretaría Xeral para o Deporte en Santiago. Durante a mesma, estívose analizando a actualidade do atletismo galego poñéndose especial énfase en todos aqueles proxectos que en materia de infraestructuras e de actividades deportivas se van levar a cabo durante este ano.
A xuntanza transcurriría segundo declarou Iván Sanmartín nun clima “de plena colaboración e entendemento entre dúas institucións que ratifican o seu total compromiso de seguir avanzando coordinadamente na millora do atletismo galego a través de todas aquelas vías posibles”.
Este encontro prodúxose logo dos mantidos recentemente a nivel institucional cos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo e cuxa continuidade terá lugar nas próximas semanas ca vicerreitora da Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade de A Coruña, Cristina López.