• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Primeira parte para o Amarelle, segunda para o Burela, e partido para as da Mariña (2-4)

O CD Burela FS suma outra vitoria en pretemporada, esta vez ante o Viaxes Amarelle FSF que ía gañando ao descanso por 2-0 pero que viu como as lucenses remontaban o choque amigable

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/08/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

121
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Coruñesas e lucenses, Viaxes Amarelle FSF e Pescados Rubén Burela, tiñan ante si un novo reto de pretemporada para seguir traballando na súa preparación do inicio da competición ligueira. Ambos os dous conxuntos galegos militarán na máxima categoría do FutSalFem estatal: a Primeira División da RFEF:

As xogadoras herculinas fixeron unha gran primeira parte. Aguantaron as arremetidas visitantes e conseguiron adiantarse con dous goles de vantaxe ao descanso (2-0). Pero na segunda parte, o cadro da mariña lucense foi capaz de dar a volta ao partido cun hat-trick de Emilly Marcondes, e terminar cun luminoso reflectindo un 2-4, a favor das visitantes.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

Durante a primeira parte do conxunto mariñán tivo moitas imprecisións e erros que as ían a condenar nestes minutos a ir por detrás no electrónico. Non ían demostrar nesta parte o xogo que estaban a executar en partidos anteriores desta pretemporada. Claramente era un CD Burela FS diferente ao que se amosara noutros encontros desta pretempada.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

O partido empezaba cun Pescados Rubén Buera FS que quería levar o peso do partido, pero o conxunto herculino non se amedrentaba e presionaba alto a saída de balón das visitantes, e buscaba a portería contraria.

As ocasións chegaban para ambos os equipos, pero as portarías demostraban o seu bo nivel, e o marcador permanecía inalterable co 0-0 inicial.

Os minutos pasaban, e o Viaxes Amarelle FSF mostrábase moi serio, e xa no tramo final do primeiro tempo conseguía adiantarse cun pase filtrado polo medio, que toca Daryna Tkachenko dentro da área para subir o 1-0 ao marcador.

As herculinas poñíanse por diante, e apenas uns segundos máis tarde, Carol Agulla conseguía poñer o 2-0, cunha falta de 15 metros que cruzaba ao segundo pau da porteira visitante e íase ao fondo da rede. Un disparo potente que chegaba xusto antes do descanso.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

Con este segundo gol as herculinas, cobraban vantaxe e confianza nun partido que terminaría a súa primeira parte cunha merecida recompensa das herculinas ante o bloque adestrado por Julio Delgado.

CD Burela FS recuperou na segunda metade a súa esencia e deulle un cambio radical ao partido, xogando ao fútbol sala dinámico e coas ocasións que as caracterizan. As laranxas ían obrar unha remontada e outro bo resultado.

Tras o paso por vestiarios, o Viaxes Amarelle FSF adestrado por Jorge Basanta, optou por dar máis minutos ao xogadoras do filial que están a traballar co primeiro equipo, e cunha gran resposta diante de xogadoras que son internacionais coas súas seleccións. Pero pouco antes de chegar á medianía do segundo tempo, Patricia Ortega conseguía recortar distancias cun disparo potente desde dentro da área. A futbolista do equipo da Mariña cazaba un rexeite na área no minuto 27.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

A partir dese momento, Emilly Marcondes tería todo o protagonismo e importancia en ataque, pois empataría o partido de penalti no 32 e a continuación, un minuto despois, poñería ao Burela por diante cun canonazo.

O conxunto herculino buscaba a tranquilidade, pero os seus labores defensivos eran maiores que a parte ofensiva, diante un Pescados Rubén Burela FS que quería igualar a contenda canto antes. Pouco despois da medianía do segundo período un penalti a favor das visitantes, era suficiente para que Emilly Marcondes, como indicábamos previamente, subise o 2-2 ao marcador.

Aínda quedaba partido por diante, pero Emilly Marcondes nunha gran xogada persoal conseguía levar ao seu par, e no un para un coa porteira herculina poñía o 2-3 no marcador.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

Neste momento, as locais estaban con cinco faltas, e debían medir o tempo do partido, pero aínda así conseguían manter baixo control ao rival, e xerar algunha ocasión de perigo.

Nas postrimerías do encontro, chegaría unha falta das locais, que daba un dobre penalti a favor do equipo dirixido por Julio Delgado e que Emilly Marcondes aproveitaba para certificar un hat-trick, e subir o definitivo 2-4 ao marcador.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

Foi un interesante partido de futsal entre dous equipos galegos que se verán as facianas en competición oficial proximamente. Púidose ver un Viaxes Amarelle FSF que pelexou de ti a ti cada balón contra un dos aspirantes a todo nesta nova tempada: o Pescados Rubén Burela. As coruñesas conseguiu levar unha metade para o seu lado, mentres que segunda parte do encontro foi, claramente, para as visitantes. O partido cun 4-2 e Emilly Marcondes como a futbolista máis inspiarada cara a porta, terminou por decantar a balanza de goles a favor do conxunto do Pescados Rubén Burela FS.

Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Pescados Rubén Burela / MANU BOUTUREIRA

O Amarelle xa pensa no Ourense Envialia e na Copa Galicia

Tras este novo test de pretemporada, o conxunto herculino non descansa e dá continuidade ao seu traballo diario para preparar o duelo que terá lugar o próximo sábado, co duelo a partido único en cuartos de final da XVI Copa Galicia Feminina FS. Nese cruce o equipo que prepara Jorge Basanta loitará por unha praza nas semifinais de copa autonómica ante outro rival de a Primeira División da RFEF: o Ourense Envialia.

A cita, xa como partido oficial dentro da Copa Galicia da RFGF, terá lugar o vindeiro sábado 3 de setembro de 2022, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal da Sagrada Familia no Concello da Coruña. Nese escenario dirimirán coruñesas e ourensás quen continúa adiante na competición galega do KO.

Viaxes Amarelle FSF / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF / MANU BOUTUREIRA

FICHA TÉCNICA

2) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Carol Agulla, Èlia Gullí e Clàudia Lobo – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María Gómez, Daryna Tkachenko, Marta Hermo, Carlita, Laura Rivas, Ana Bermúdez e Nere Ramallo.

4) PESCADOS RUBÉN BURELA FS:  Jozy, Irene Samper, Emily Marcondes, Patricia e Masha – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Cilene, Antía, Dany e Evelina.

GOLES: 1-0 Daryna (min. 18); 2-0 Carol Agulla (min. 19); 2-1 Patricia (min. 27); 2-2 Emilly (penalti) (min. 32); 2-3 Emilly (min. 33); 2-4 Emilly (doble penalti) (min. 39).

EQUPO ARBITRAL: Piñeiro Rivas Sergio e López Riveiros Sergio, ambos os dous do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Na Mesa estivo Lucía Manso Porteiro, tamén do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Amosaron cartón amarelo a Dany, futbolista do Pescados Rubén Burela FS.

INCIDENCIAS: Partido amigable de pretempada disputado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia na Coruña.

Etiquetas A CoruñaamigableCarol AgullaDARYNA TKACHENKOEmilly Marcondesfútbol salafutsalJorge BasantaJulio DelgadoPescados Rubén BurelapretempadaViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.