• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O primeiro Mundial de Fútbol Sala feminino da historia contará con representación galega

As futbolistas Ale de Paz, Antía Pérez, Martita e Vane Sotelo estarán ás ordes de Clàudia Pons defendendo a elástica vermella en Filipinas | Tamén estarán galegas de corazón como Irene Samper, Dany Domingos ou 'Peque'

Sara González por Sara González
19/11/2025
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

129
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Ale de Paz, Antía Pérez, Martita e Vane Sotelo formarán parte do primeiro Mundial de Fútbol Sala Feminino da historia. 
  • Irene Samper, Peque e Dany Domingos, as tres con pasado en Galicia, tamén foron seleccionadas por Clàudia Pons para viaxar a Filipinas.

Tras anos de espera e reivindicacións constantes por parte de xogadoras, clubs e afección, por fin é oficial: o primeiro Mundial de Fútbol Sala Feminino xa é unha realidade. A competición celebrarase en Filipinas entre o 21 de novembro e o 7 de decembro, converténdose nun momento histórico para este deporte. A estrea do torneo non só supón un avance institucional, senón tamén un símbolo de progreso e visibilidade para milleiros de deportistas e membros dos corpos técnicos, que levan anos traballando na sombra.

Galicia, cunha traxectoria de décadas como epicentro e referencia do futsal nacional, volverá demostrar por que é unha das canteiras de talento máis destacadas do panorama actual, nesta ocasión na primeira Copa Mundial Femenina de Fútbol Sala de carácter oficial.

A comunidade galega, que leva anos colocándose na vangarda deste deporte, sendo berce de xogadoras, adestradores e clubs de máximo nivel no fútbol sala, terá presenza nesta cita histórica da man de tres dos seus mellores talentos: Ale de Paz, Antía Pérez, Marta López-Pardo Martita e Vane Sotelo.

Alejandra ‘Ale’ de Paz

Nacida en Neda (A Coruña), o 25 de maio de 1995, e coñecida deportivamente como Ale de Paz, é considerada unha das referencias do fútbol sala actual.

Ale de Paz, coa Selección Española de fútbol sala femenino / RFEF
Ale de Paz, coa Selección Española de fútbol sala femenino / RFEF

Adoita ocupar a posición de ala–peche, xa que sobresae pola súa polivalencia ao ser quen de ocupar diferentes roles na pista. Destaca por ser unha xogadora desequilibrante e con gran calidade de pase.

Comezou a súa traxectoria na Fervenza e, máis adiante, deu o salto ao Valdetires Ferrol, club co que se estreou na Primeira División na tempada 2013-14. Tras dúas campañas, chamou á súa porta o Poio Pescamar, onde continuou a súa progresión.

En 2019 incorporouse ao Burela FS, etapa que marcaría un antes e un despois na súa carreira. Foi durante a súa estancia no equipo mariñán cando conquistou 11 títulos e consolidouse como unha das xogadoras máis destacadas da liga.

Ale de Paz, do Pescados Rubén Burela / PRBFS
Ale de Paz, do Pescados Rubén Burela / PRBFS

Na tempada 2022-23 apostou polo Marín Futsal, aínda que a súa estadía foi breve. Un ano despois, regresou ao Poio Pescamar, club ao que volveu para afrontar unha nova etapa na elite do fútbol sala.

A futbolista do ENCE Marín FutSal, Ale de Paz, conduce o esférico no cruce de cuartos de final da Copa da Raíña 2023 ante o STV Roldán / RFEF
A futbolista do ENCE Marín FutSal, Ale de Paz, conduce o esférico no cruce de cuartos de final da Copa da Raíña 2023 ante o STV Roldán / RFEF

Foi convocada por primeira vez coa selección estatal de fútbol sala en 2019, para disputar dous partidos amistosos e só tres anos despois, en xuño de 2022, gañou a súa primeira Eurocopa; título que revalidaría en 2023.

Ale Paz, coa Selección Española / PRBFS
Ale Paz, coa Selección Española / PRBFS

Hoxe, Ale de Paz, aterriza en Filipinas como unha das figuras máis importantes do futsal nacional e pisa o escenario que tantas soñaron e tan poucas puideron conquistar.

Antía Pérez

Nacida en Laza (Ourense), o 21 de xuño do 2000, Antía Pérez forma parte da plantilla actual do FSF Castro Bloques Cando, despois de finalizar a súa etapa no CD Burela FS. Catalogada como unha das futbolistas con máis proxección do panorama estatal, destaca pola súa presencia física, que lle permite competir con garantías nas disputas e pola eficacia en situacións de finalización preto da área rival.

Antía Pérez coa Selección Española de fútbol sala / FUTGAL
Antía Pérez coa Selección Española de fútbol sala / FUTGAL

Tras pasar por algúns equipos históricos da escena deportiva estatal, coma o Ourense CF (antes Ourense Envialia FSF agora Ourense OnTime), o Poio Pescamar ou o CD Burela FS, Antía Pérez chega ao Mundial de fútbol sala feminino coa intención de consolidarse como unha xogadora clave na selección estatal, coa que debutou ante Arxentina en 2023 despois de superar dúas graves lesións de xeonllo.

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

Tras deixar atrás eses malos momentos, hoxe Antía Pérez, afronta unha nova etapa, lista para saborear o premio ao seu esforzo: formar parte da convocatoria da selección española para o primeiro Mundial da historia.

Antía Pérez, MVP da Copa da Raíña / RFEF
Antía Pérez, MVP da Copa da Raíña / RFEF

Marta López-Pardo ‘Martita’

Nacida en A Coruña, o 19 de marzo de 2001, e coñecida no ámbito deportivo como Martita, figura como como peche na web do Poio Pescamar, aínda que a súa posición oficial recollida nas bases da RFEF, e coa que vai convocada coa Selección Española, é a de ala. É unha das xogadoras con máis continuidade no proxecto do club pontevedrés.

Debut internacional de Martita coa Selección Española de futsal / RFEF
Debut internacional de Martita coa Selección Española de futsal / RFEF

A coruñesa, afronta nesta campaña a súa quinta tempada defendendo a camiseta vermella, converténdose, xunto a Anna Escribano, na futbolista que máis cursos leva de forma ininterrompida no club. Consolidouse como unha peza clave no esquema de Luis López-Tulla, afianzándose como unha xogadora clave sobre a pista. A súa importancia dentro do equipo reflíctese tamén no vestiario, onde exerce como capitá.

Con anterioridade á súa chegada ao Poio Pescamar, Martita desenvolveu a súa formación no Viaxes Amarelle FSF, un dos clubs de referencia en Galicia, destacando xa daquela como unha das promesas máis firmes do fútbol sala galego.

Martita celebrando o gol do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE
Martita celebrando o gol do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

Pese a súa xuventude, formar parte da Selección Española de fútbol sala non é algo novo para ela. Xa foi unha habitual nas convocatorias do combinado español Sub-17 e Sub-19, e chegou a participar nos Xogos Olímpicos da Xuventude, en outubro de 2018, con España.

Martita, xogadora do Amarelle FSF / Íñigo Rolán
Martita, cando era xogadora do Amarelle FSF / Íñigo Rolán

Nos últimos anos, foi citada para diversas concentracións da absoluta e, finalmente, acadou o seu gran obxectivo: entrar na lista para o Mundial 2025, pasando así á historia como unha das escollidas para competir na primeira edición do torneo.

Vanessa Sotelo

Nacida en Ourense, o 21 de agosto de 1995, coñecida baixo o nome de Vane Sotelo, milita na actualidade nas filas do Arriva AD Alcorcón, onde ocupa a posición de pívot. Recoñecida como unha das grandes estrelas do futsal da historia recente, estivo nominada ao galardón de mellor xogadora do mundo en 2014, 2015 e 2020.

Vane Sotelo coa Selección Española de fútbol sala / FUTGAL
Vane Sotelo coa Selección Española de fútbol sala / FUTGAL

A súa carreira profesional levouna a defender as cores de clubs como o Cidade das Burgas FS, o Ponte Ourense FSF, o Futsi Navalcarnero, co que seguiu medrando en experiencia; ou o Arriva AD Alcorcón, entidade na que xa militara en tempadas anteriores e á que regresou consolidada como unha das xogadoras máis relevantes do panorama estatal.

Vane Sotelo, futbolista galega do Futsi Atlético Navalarnero, tras Jenny, do Burela na semifinal da Supercopa de España futsalfem 2023 / BURELA FS
Vane Sotelo, futbolista galega do Futsi Atlético Navalarnero, tras Jenny, do Burela na semifinal da Supercopa de España futsalfem 2023 / BURELA FS

Vane Sotelo é a máxima goleadora da historia da Selección Española, un logro que resume á perfección a súa traxectoria e eficacia de cara a portería. Este recoñecemento non fai máis que consolidar o seu papel de referente e permitirlle chegar a Filipinas como unha auténtica institución do fútbol sala mundial.

Vane Sotelo coa Selección Española de fútbol sala femenino / RFEF
Vane Sotelo coa Selección Española de fútbol sala femenino / RFEF

Galegas de corazón

A pertenza a un territorio non sempre está ligada ao lugar de nacemento, senón ás experiencias e ás relacións construídas ao longo do tempo. Irene Samper, ex xogadora do CD Burela FS e actual militante do Melilla CD Torreblanca; e Patricia González Peque, tamén con pasado no Burela, e agora xogadora do LBTL Futsal Alcantarilla, son un exemplo claro desta realidade.

A primeira Irene Samper, nacida en Zaragoza, e a segunda, Peque, en Madrid, desenvolveron parte da súa carreira en Galicia, onde deixaron unha pegada inesquecible no fútbol sala da comunidade.

Irene Samper, na final do Campionato de Liga Primera Division futsalfem RFEF, Pescados Rubén Burela vs Futsi Atlético Navalcarnero / MANU GIL - BURELA FS
Irene Samper, na final do Campionato de Liga Primera Division futsalfem RFEF, Pescados Rubén Burela vs Futsi Atlético Navalcarnero / MANU GIL – BURELA FS

Memorable tamén foi o paso de Dany Domingos polo Burela FS, equipo no que militou varias tempadas repartidas en dous períodos diferentes. A pívot hispano-brasileña defende actualmente as cores do LBTL Futsal Alcantarilla, e chega a Filipinas cunha ampla experiencia en conxuntos de primeiro nivel, unha veteranía que pode resultar moi valiosa para o cadro español.

Celebración do Burela como campión da Supercopa de España 2023, na imaxe Jozi, Cilene, Peque e Dany / BURELA FS
Celebración do Burela como campión da Supercopa de España 2023, na imaxe Jozi, Cilene, Peque e Dany / BURELA FS

As tres forman parte tamén da lista da seleccionadora estatal de fútbol sala, Clàudia Pons, e viaxaron a Manila xunto ás súas compañeiras, para participar na cita mundialista.

Así chegou España ao Mundial de futsal e así buscará chegar á final

Etiquetas Ale de PazAntía PérezClaudia PonsDany Domingosfútbol salaIrene SamperMartitaMundialPequeSelección españolaVane Sotelo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.