• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Primeira derrota na casa do Dépor ABANCA que tivo como vergudo ao Madrid CFF (1-2)

Dous tantos xusto na linde do final de cada período fixeron que as galegas perderan por primeira vez en Riazor nesta tempada 2025-26 da Liga F

Silvia Carregal por Silvia Carregal
28/09/2025
en Liga F, Fútbol
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A quinta xornada da Liga F foi a da primeira derrota en Riazor do Dépor ABANCA que enfronte tiña ao Madrid CFF. Cada unha das dúas metades tivo un dono, a primeira foi para as visitantes e a segunda para as locais. Houbo tamén dous goles no final de cada período que marcaron o resultado, ambos das madrileñas. Chegou a empatar o conxunto coruñés cun gol da canteirana Paula Monteagudo, pero ese segundo tanto do Madrid CFF no minuto 88 decantou o encontro. E tamén houbo dous penalties, un non se chegou a pitar e o outro asubiouse e serviulle ás visitantes para abrir o marcador.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Por momentos, dá sensación de que este Dépor ABANCA aínda está en construción, o cal é lóxico no punto da tempada na que estamos. Con todo, amosa unha enorme dependencia do acerto de Inês Pereira baixo paus e da maxia e a calidade na elaboración de xogadas que sempre ten como aliada inquebrantable a catalá Ainhoa Marín que é o pirixel en todas as salsas.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

As achegas destas dúas xogadoras desequilibrantes non abondou desta volta e o Madrid CFF foi quen de levar os tres puntos do Estadio Municipal Riazor-ABANCA. Foi a primeira derrota da tempada na Liga F como locais das branquiazuis. As madrileñas anotaron dous tantos xusto na linde do final de cada período. O Dépor ABANCA chegou a empatar, pero no segundo tanto o equipo adestrador Fran Alonso non tivo tempo de reacción.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Fran Alonso optou polo esquema de xogo que está a pór en liza neste arranque de tempada. Mudando nomes, pero co mesmo debuxo. Na portaría Inês Pereira, na zaga Barth, Vera e Henar, con Samara e Monteagudo nas bandas; no medio campo Marina Artero e Paula G. e na zona de arriba Olaya polo medio e nos extremos Ainhoa Marín e Marisa.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Aos 8 minutos de xogo chegaba o primeiro tiro do Madrid CFF. Un disparo feble e raso, pero entre os tres paus que chapou Inês Pereira. A seguinte chegada visitante foi pola dereita e Olaya envía a córner.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Contra do minuto 13 de partido unha nova acción a balón parado, outra vez un saque dende o curruncho leva perigo á área deportivista. Paséase o esférico e ten que evitar o gol Inês Pereira. No primeiro cuarto de hora de encontro o perigo era responsabilidade do bando visitante.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

O técnico, Fran Alonso, tivo que consumir un cambio superados os 20 minutos de encontro por lesión de Samara Ortiz que deixou o seu sitio a Paula Novo.

Seguía apretando o Madrid CFF que no minuto 23 enviaba un tiro cruzado que atallaba a cancerbeira lusa Inês Pereira. Xusto na seguinte xogada producíase un contragolpe do Dépor ABANCA, pero o intento quedaría en nada.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Repetíanse no equipo local as imprecisións, as perdas de balón e o Dépor ABANCA sufría por que o Madrid CFF gañaba ata os balóns divididos. No minuto 30 vivíase un novo tiro entre os tres paus do Madrid CFF. Por sorte os seus intentos de perforar a porta deportivista non tiñan marchamo de gol e sempre estaba atenta Inês Pereira. A lusa é un seguro de vida para o Dépor ABANCA.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Contra do minuto 38 chegaría a mellor ocasión do Dépor ABANCA na primeira metade. Foi froito da presión de Ainhoa Marín nun saque de porta. A futbolista rouba o balón e monta unha ocasión que Marisa no foi quen de transformar, pero que fixo espertar á grada.

Pouco despois as locais pedirían penaltie de Mónica sobre Paula. A colexiada revisiou as imaxes no VAR pero considerou que houbera nada sancionable.

Gol do Madrid CFF no tempo extra

Os oito minutos de tempo engadido foron, posiblemente, os mellores minutos do Dépor ABANCA. Pero tamén foi aí onde recibiu o primeiro mazazo.

Aos seis minutos de tempo extra a colexiada Raquel Suárez asubía penalti. Esta vez, logo de revisar o VAR, confirma a súa decisión. Desde o punto fatídico Mónica anotaba o 0-1 para as visitantes. Inês Pereira tirouse ao lado correcto pero non chegou a atallar o esférico.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Ese tanto foi unha xarra da auga fría nos ánimos deportivistas. Cando mellor o estaba a facer recibiron o golpe dun gol dos chamados psicolóxicos que chegaba xusto antes de poñer rumbo de vestiarios. Entre o penaltie e a revisión da xogada no video arbitraxe chegouse aos 13 minutos de xogo engadido.

VAR en Riazor / SABELA MOSCOSO
VAR en Riazor / SABELA MOSCOSO

Arrincou a segunda metade cun Dépor ABANCA adiantado e optando por unha presión alta á procura de darlle a volta ao marcador logo do pau recibido nos últimos compases do primeiro tempo. Viuse un Dépor máis incisivo e loitador.

No minuto 52 producíase un tiro a porta do Dépor ABANCA que safa a porteira visitante, pero que provoca un córner que volvía a dar alas ás galegas. O saque de Monteagudo foi tan pechado que marchou fóra.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Pouco despois, contra o 56 de partido, foi Marisa quen disparou a porta sen éxito. Puido ser das xogadoras que máis balóns tocou e que estivo en máis xogadas, pero a futbolista non tivo o día no que a acertos se refire. Polas súas botas pasaron moitos balóns Dépor ABANCA, pero as cousas non semellaban saírlle como ela quería. Desesperábase. Dáballe á cabeza. O esférico, nesta xornada non a quería.

Paula Monteagudo empata para o Dépor ABANCA

Corría o minuto 68 de partido cando chegou o premio para as branquiazuis en forma de empate 1-1 cun gol que asinaba Paula Monteagudo. A canteirana meteuse no medio da área e soubo aproveitar sen dúbidas o pase de Ainhoa Marín que entraba desde a dereita, e mandoulle a pelota ao oco. Ese lugar foi perfecto para que á Monteagudo se adiantase á xogadora madridista que a cubría e encarase porta con seguridade. O seu disparo perforou a meta rival e colocou o 1-1 no marcador de Riazor. O público celebrou o empate e soñou coa remontada.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

E puido darse cando no minuto 73  Ainhoa Marín collía un envío en velocidade, freábase en seco deixando clavada á rival que a cubría e levándose consigo ata a tres xogadoras. A 14 deportivista viu perfectamente como entraba soa Marisa. Envioulle o esférico cunha asistencia que era medio gol, pero a deportivista enviou o seu tiro por fóra dos tres paus cando a grada xa case que cantaba o gol. Definitivamente non era o seu día.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Tras unha segunda metade para o Dépor ABANCA e coas táboas no marcador chegaría o segundo mazazo para As Nosas deportivistas. Foi no minuto 88 cando o Madrid CFF volvía a adiantarse no marcador cun gol de Mendoza. A colexiada volveu revisar a xogada na pantalla e deu por bo o tanto visitante que colocaba o electrónico 1-2.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

Outra vez co pitido final a tiro de pedra marcaban as visitantes e o Dépor ABANCA tiña que poñer toda a carne no asador para intentar que os tres puntos non marchasen de Riazor. Púxoo ata o remate do partido (con 6 minutos de engadido neste segundo acto), pero non houbo sorte. Os tres puntos voaron e as galegas colleitaron a súa primeira derrota como locais neste curso 2025-26. A segunda consecutiva do conxunto que adestra Fran Alonso.

Dépor ABANCA en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA en Riazor / SABELA MOSCOSO

A vindeira xornada as deportivistas visitarán o domingo 5 de outubro a partir das 12:00 horas ao Alhama ElPozo, arestora o seu inmediato perseguidor na táboa clasificatoria da Liga F onde as galegas ocupan o posto 9.º con cinco partidos xogados, 1 gañado, 2 empatados e 2 perdidos.

Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Madrid CFF en Riazor / SABELA MOSCOSO

FICHA TÉCNICA:

1) RC DEPORTIVO ABANCA: Inês Pereira; Samara (Paula Novo, min. 20), Barth, Vera, Henar (Eva Dios, min. 61), Monteagudo, Marina Artero (Elena, min. 61), Paula Gutiérrez, Olaya (Millene, min. 80), Ainhoa Marín e Marisa (Bárbara, min. 80).

2) MADRID CFF:  Belén de Gracia; Allegra Poljak, Mónica (Esther Laborde, min. 83), Sandra Villafañe, Nuria Mendoza, Alba Ruiz (Kamilla Melgard, min. 83); Marcetto, Natasha Andonova (Emilie Nautnes, min. 57), Ángela Sosa (Hildur Antondóttir, min. 70); Anita Marcos, Marina Rivas (Nerea Sánchez, min. 70).

GOLES: 0-1: Mónica (min. 45+12) (penalti). 1-1: Paula Monteagudo (min. 68). 1-2: Mendoza (min. 88).

EQUIPO ARBITRAL: Raquel Suárez, do Colexio de Castilla y León. Amonestou con cartón amarelo ás futbolistas locais a Marisa (min. 28) e Henar (min. 45+6), e a Villafañe (min. 55) no conxunto do Madrid CFF.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 5.ª xornada da Liga F disputado no Estadio Municipal Riazor-ABANCA diante de 1.340 espectadores nunha tarde solleira na Coruña. Nas gradas moitas persoas coa camiseta rosa da Carreira da Muller celebrada esta mesma mañá na cidade da Coruña.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

  • MELLORES MOMENTOS DO PARTIDO DÉPOR ABANCA VS MADRID CFF

 

  • ROLDA DE PRENSA DE FRAN ALONSO, ADESTRADOR DO DÉPOR ABANCA

Etiquetas Ainhoa MarínDépor ABANCAFran AlonsofútbolInês PereiraLiga fMadrid CFFMarisaPaula MonteagudoRiazor
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.