• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO
Inicio Fútbol Primera Federación

Primeira derrota e perda de liderado para o Dépor ABANCA que cede o posto ao RCD Espanyol

Dobre golpe para As Nosas deportivistas froito do resultado colleitado ante o RCD Espanyol no Dani Jarque (1-0) | A segunda metade retrasouse 50 minutos debido a que a choiva caída no descanso anegou o campo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/10/2023
en Fútbol, Primera Federación
O gol de Mar para as pericas deulles o triunfo ante o Dépor ABANCA / RCD ESPANYOL TW

O gol de Mar para as pericas deulles o triunfo ante o Dépor ABANCA / RCD ESPANYOL TW

41
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Un único gol en contra. Unha única derrota no casilleiro. A primeira da tempada. E como resultado o Dépor ABANCA cede o liderado da Primera Federación Iberdrola. O RCD Espanyol tirou partido do solitario gol que Mar anotaba no minuto 17 de partido e do seu control do xogo antes do descanso. O tanto das pericas supuxo a primera e única derrota das Nosas no que vai de curso nun partido que perderon 1-0 e no que loitaron ata o final sen fortuna. A primeira parte foi das locais e a segunda das galegas, pero as xogadoras que adestra Irene Ferreras non conseguiron ver porta.

O Dépor ABANCA cede o primeiro lugar na categoría de prata do futfem estatal na súa visita ao Dani Jarque. O RCD Espanyol, outro dos aspirantes ao ascenso a elite, dobregou ás galegas e arrebaoulles os tres puntos e o liderado.

O partido estivo parado durante preto dunha hora debido ao diluvio que caeu sobre o terreo de xogo durante o descanso e que converteu ao tepe nun terreo de xogo castigado pola choiva. A superficie, de herba artificial, non era quen de evacuar a auga caída e os operarios do Dani Jarque traballaron arreo para liberar auga e que se puidese seguir xogando o partido.

O RCD Espanyol controlou o partido a primeira parte

O primeiro tempo do partido foi para as locais que puxeron en apuros ás galegas do Dépor ABANCA ata que no minuto 17 conseguían perforar a meta defendida por Yohana. A autora do gol foi Mar de cabeza a centro da súa compañeira colombiana Daniela Caracas.

O Dépor ABANCA non tirou a porta en toda a primeira parte. No descanso chegou o diluvio. A cantidade de auga caída nos 15 minutos de parón foi tal que Xiomara Díaz García, colexiada do encontro, mandou aos equipos de volta aos vestiarios.

Os operarios do @RCDEFemeni traballan arreo para que poida continuar o partido contra o @RCDeportivoFem

👉 Mentres, no campo anexo os xogadores do @RCDEspanyol adestran con normalidade

Todo apunta a que se vai reanudar en breve

En directo na G2 e G24📲 https://t.co/r0uJKY6kgo pic.twitter.com/jgfc67aJsv

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 15, 2023

O campo anegouse e a pelota non botaba ben nalgunhas partes do terreo de xogo, polo que a reanudación do xogo demorouse 50 minutos sobre o horario previsto logo de que a árbitra insular determinase que se podía seguir xogando.

Con case 50 minutos de atraso, comeza o segundo tempo con 40 minutos de atraso! #RCDEFemDéporABANCA 1-0! Podes seguir o encontro en 📺 @TVGalicia 2 e https://t.co/bRUzdiizbw! pic.twitter.com/PMV80AELle

— Dépor ABANCA (@RCDeportivoFem) October 15, 2023

E como se coa chuvia estivese no seu elemento (pese de ser un campo de herba artificial no que as galegas están menos cómodas) o Dépor ABANCA rexurdiu e foi un equipo completamente distinto no segundo período.

Agora si as nosas deportivistas controlaron o tempo do xogo, a posesión e xeraron ocasións. Ainhoa Marín volveu a ser incisiva cara á área rival, e Ana de Teresa tivo ata dúas das ocasións máis destacadas. AdT entrara en substitución de Millene.

O Dépor ABANCA intentouno ata o asubío final pero sen éxito nas súas chegadas que na recta final perderon pegada.

A clasificación queda co RCD Espanyol líder con 13 puntos, seguido do Dépor ABANCA con 12 e o SE AEM, que é terceiro con 11 puntos.

FICHA TÉCNICA

1) RCD ESPANYOL: Salvador, Daniela Caracas, Simona Botero, Guerra, Lucía Vallejo (María Barquero, min. 57), Carol (Laia Jordán, min. 86), Ana Hernández, Ángeles (Judit Pablos, min. 64), Mar, María Lara (Júlia Serrat, min. 46) e Lice Chamorro.

0) RC DEPORTIVO ABANCA: Yohana, Samara, Inés Altamira, Raquel García, Elena, Henar, Ayaka (Lía, min. 88), Ainhoa Marín (Carlota, min. 62), Paula Gutiérrez, Laurina (Charle, min. 62) e Millene (Ana de Teresa, min. 46).

GOL: 1-0 Mar (min. 17).

EQUIPO ARBITRAL: Xiomara Díaz García (colexio canario). Amosou cartón amarelo á futbolista deportivista Ainhoa Marín (min. 44), a Guerra (min. 50), a Ana Hernández (min. 83) e á adestradora das galegas Irene Ferreras (min. 90+1).

INCIDENCIAS: partido correspondente á 5ª xornada de Primera Federación Iberdrola disputado no campo 3 da Ciudad Deportiva Dani Jarque (Sant Adrià de Besòs). O inicio da segunda metade demorouse 50 minutos sobre o tempo previsto por mor da chuvia caída no descanso que limitaba o bote do esférico nalgunhas zonas do terreo de xogo. O partido foi transmitido pola TVG.

Etiquetas ADTAinhoa MarínAna de TeresaDépor ABANCAfútbolIrene FerrerasMilleneRCD Espanyol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Laurina, Dépor ABANCA, no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Laurina, do Dépor ABANCA, é baixa “por tempo indeterminado” para “coidar a súa saúde mental”

por Redacción As Nosas
01/12/2023
0

  O RC Deportivo vén de comunicar que a xogadora asturiana do Dépor ABANCA Laurina estará de baixa por un...

Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

por Redacción As Nosas
30/11/2023
0

  A inauguración da peña Tralla Brava congregou a numerosas persoas desta agrupación branquiazul, así como a directivos da Federación...

Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Coñécense horarios e rivais das Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

por Redacción As Nosas
28/11/2023
0

  As Seleccións Galegas femininas das categorías Sub-15 e Sub-17 xa coñecen ás súas rivais e os horarios da primeira...

Teresa Abelleira chegando á concentración de España / RFEF

España empeza a súa concentración para preparar a UEFA Women’s Nations League con Teresa Abelleira nas súas filas

por Redacción As Nosas
27/11/2023
0

  Selección de España feminina de fútbol vén de iniciar a súa última concentración do ano 2023 e faino con...

Inauguración en Pontevedra da exposición 'A viaxe cara a estrela' sobre a Selección Española / RFGF

Inaugurada a exposición “A viaxe cara a estrela”, sobre a Selección Española, no Edificio Castelao de Pontevedra

por Redacción As Nosas
24/11/2023
0

  Pontevedra activa oficialmente a conta atrás de cara á gran cita do venres en Pasarón coa Selección Española. Inaugurouse...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
2º Premios do Deporte Concello de Miño / CONCELLO DE MIÑO 2023

O deporte de Miño vístese de gala nos ‘II Premios do Deporte’

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
2º Premios do Deporte Concello de Miño / CONCELLO DE MIÑO 2023

O deporte de Miño vístese de gala nos ‘II Premios do Deporte’

02/12/2023
Laurina, Dépor ABANCA, no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Laurina, do Dépor ABANCA, é baixa “por tempo indeterminado” para “coidar a súa saúde mental”

01/12/2023
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

30/11/2023
San Silvestre Coruña / SAN SILVESTRE CORUÑA

A San Silvestre Coruña impulsa unha campaña de recollida de alimentos

29/11/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.