• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O primeiro derbi galego do curso na Liga Guerreras queda no Porriño (23-22)

A vitoria das locais ante o Mecalia Atlético Guardés sabe a ouro logo dun partido moi igualado

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/11/2023
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL

81
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Atlético Guardés dominou durante a primeira parte, pero o BM Porriño remontou grazas a unha defensa infranqueable.
  • O Mecalia só anotou un gol nos primeiros 14’.

“A paixón que nos une” é o lema desta tempada do Club Balonmano Porriño. Ese sentimento é o que tentan mostrar as xogadoras do Conservas Orbe Rubensa en cada partido, pero o derbi é unha data especial para o balonmán galego. Por iso, este 5 de novembro estaba a ser esperado con ansias polas xogadoras do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño ao igual que o facían as do Mecalia Atlético Guardés. O triunfo final quedou na casa, no Porriño pero pola mínima (23-22) nun partido tremendamente igualado.

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño con equipos de base / XOEL GIL
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño con equipos de base / XOEL GIL

Parecía que o Mecalia Atlético Guardés tíñalle tomada a medida ao Porriño durante a primeira parte do derbi galego, pero o equipo local anulou a boa serie do conxunto miñoto nos últimos 30 minutos cunha defensa impenetrable que fixo que o marcador se investise ao seu favor pola mínima (23-22).

O Pavillón Municipal do Porriño desde primeiras horas da mañá xa se notaba con ese ambiente, toda a canteira do club local citábase para montar todos os preparativos. Por iso, tras unha apertura moi especial no que gaiteiros tocaron o himno de Galicia, o derbi daba comezo.

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Mecalia Atlético Guardés abría o encontro, pero con diante unha defensa porriñesa concentrada perderon a primeira bóla para sumar o primeiro gol do partido da man da capitá, Sarai Samartín. A resposta visitante foi inmediata co tanto da internacional Pauli Fernández. 

O Mecalia Atlético Guardés comezou a ter efectividade nos seus lanzamentos. Por iso, no primeiros cinco minutos o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño atopábase dous goles por abaixo (1-3), pero querían manterse en partido e ben o sabía Buforn que volvería poñer a un ao seu equipo.

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

No minuto oito, Malena Vales volvería instaurar a igualdade no electrónico (4-4). A defensa 6:0, marca da casa, non terminaba de funcionar, xa que as guardesas estaban a conseguir entrar sen problema. Tamén se estaban atopando con dificultades onde as intervencións en portería de Estela Carrera estaban a lastrar ás locais. Chegado o primeiro cuarto, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño volvía ter o resultado na súa contra (4-8).

O conxunto do Porriño atopábase atrancado, tanto en defensa como en ataque, e tras o paso dos minutos necesitaban unha reacción. Entrado o minuto 20, cun 6-10 no resultado, a especialista en sete metros, Malena Vales, batía a Sempere para reducir distancia.

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL

O Mecalia Atlético Guardés non daba tregua ás porriñesas que xa empezaban a probar cambios no seu sete. No 22:49 Isma Martínez solicitou o seu primeiro tempo morto ao ver que o seu equipo atopábase bloqueado.

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño necesitaba máis claridade en ataque ante unha defesa visitante que estaba intratable. Entrados na recta final do primeiro tempo, os erros e as présas estaban a pasar factura. As deportistas que adestra Isma Martínez necesitaban contundencia e acerto no lanzamento.

Cristina Cabeza no minuto 28:09 solicitou un novo tempo morto. Con Cacheda ao mando, a xogada ensaiada acababa co gol de Palomo. O xogo das porriñesas non terminaba de funcionar e chegou o final da primeira parte co resultado estaba en contra para as do Porriño (10-15).

Estela Carrera foi unha das grandes protagonistas durante os primeiros 30 minutos, pois conseguiu deter oito lanzamentos das porriñesas, que perdían no electrónico ao final da primeira metade logo de que o Guardés dominarse o partido no primeiro acto, cun ataque veloz e unha defensa férrea.

Reacción do Porriño no segundo acto

O segundo tempo renovouse con gol ao contrataque de Elena Amores. Nada facía presaxiar o cambio de papeis que se ía a producir no derbi, cunha seca goleadora do Mecalia Atlético Guardés  inesperada; non conseguiu marcar o segundo tanto ata o minuto 14 da segunda parte, cun lanzamento desde os 7 metros de África Sempere.

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL

O conxunto da garda que contaba con xogadoras fintadoras como Cacheda e Fernández atopouse cunha defensa local moito máis adiantada para dificultarlle o movemento de bóla e levalas ao pasivo.

A pesar diso, defensivamente o Mecalia Atlético Guardés continuaba moi enchufado. Transcorridos os 10 primeiros minutos da segunda parte, o marcador do Porriño continuaba a favor das da Guarda cun 12-16.

Cun parcial de 4-1 nos primeiros 12 minutos, Cabeza volvería solicitar tempo morto. As do Porriño necesitaban continuar coa boa serie e na que a axuda en portería de Palomino estaban a ser fundamentais.

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño conseguiu o empate a través de Casasola e co que volvería soñar pola vitoria xunto á súa afección. Minuto 16:27, a canteirá Aitana Santomé puxo por primeira vez por diante ao seu equipo, pero Elena Amores non perdoou.

Parecía que o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño atopaba a fórmula na recta final do derbi. A falta de 10 minutos e un gol arriba (19-18), ao equipo local faltáballe un empuxón na faceta ofensiva, pero Buforn volvería aparecer para poñer a diferenza de dous goles. Os minutos seguían correndo, esta vez, a favor das xogadoras do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño.

Últimos cinco minutos, as do Porriño non dubidaban e estaban totalmente metidas en partido. O 22-20 para as locais facía vibrar o pavillón e cada unha das xogadoras porriñesas que entraban a pista achegaban a súa mellor versión. Quedaban tres minutos para a conclusión e Pauli Fernández poñería o 22-21.

A intensidade defensiva do Porriño mailo papel determinante da súa porteira Ana Palomino marcaron a tónica da segunda parte. A iso sumouse o seu acerto en ataque, conseguindo empatar o derbi no minuto 13. Ante un panorama nada favorecedor, Cris Cabeza apostara por facer rotacións, ingresando na pista a serbia Sandra Radovic para tentar o gol desde os 9 metros. Con todo, nada funcionaba. O Mecalia Atlético Guardés desconectouse do partido, con numerosas perdas de balón,
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / XOEL GIL

Minuto 28:42 e o técnico local solicitou tempo morto para preparar a que podía ser a xogada que marcaría o partido, pero non terminaría en gol. A falta de 45 segundos para a conclusión, Cristina Cabeza solicitou outro tempo morto co marcador na súa contra (23-21).

Cifuentes co pase de Cacheda sumaría un gol á conta das visitantes, pero as do Porriño non deron tregua. Finalemte, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño sumaría os dous puntos do derbi galego e cun resultado final de 23-22 para as locais.

́

Estos FOTONES nos transportan al ambientazo vivido en el derbi gallego entre @BmPorrino y @Atlguardes_ofic (23:22)#LigaGuerrerasIberdrola #SheLovesHandball pic.twitter.com/K9kOkHZE8G

— Liga Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) November 6, 2023

FICHA TÉCNICA

23) CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO: Carolina Bono, Mica Casasola (5), Alicia Campo (1), Malena Valles (7), Inés Hernández, Aitana Santomé (1), Aroa Fernández, Maider Barros (1), Sarai Samartín (1), Paulina Buforn (3), Carmen Prelchi (2), Thais Fermo, Carme Castro, Maddi Bengoetxea (2), Ayelén Rosalez y Ana Palomino.

22) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS: África Sempere (5), Blazka Hauptman (3), Cecilia Cacheda (1), María Palomo (3), Paula Fernández (3), Cristina Cifuentes (1), Andreza Costa, Elena Amores (3), María Sancha, Ania Ramos (2), Itiziar Martínez (1), Sandra Radovic, Miriam Sempere y Estela Carrera.

MARCADOR CADA 5 MINUTOS: 1-3, 4-5, 4-8, 6-10, 8-13 e 10-15 – descanso – 12-16, 12-16, 16-17, 19-18, 22-20 e 23-22.

EQUIPO ARBITRAL: A parella arbitral estivo formada por Alejandro Hoz e Axel Riloba. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Carmen Prelchi. Nas filas do Mecalia Atlético Guardés excluíron a Blazka Hauptman e Cristina Cifuentes.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á décima xornada de la Liga Guerreras Iberdrola. O partido foi transmitido pola CRTVG.

Rematou o da @IberdrolaDHF @BmPorrino 23-22 @Atlguardes_ofic

Dominou o Guardés a primeira metade (chegou a ter un 8-14)
Remontou o Porriño na segunda cun parcial de inicio de 6-1 acabou levando o partido

Vímolo na G2 e G24 pic.twitter.com/nSpGnf9E38

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 5, 2023

Etiquetas balonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.