• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/05/2025
en Balonmán, Máis balonmán
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

52
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do Valur (25-24) o partido de volta da final deste campionato de Europa de balonmán feminino 2025, European Cup.

🤾‍♀️ Un só tanto separou ao @BmPorrino de facerse coa EHF European Women Cup logo de caer 25-24 contra o @valurhandbolti

👏 Parabéns a equipo e afección por esta fantástica tempada! pic.twitter.com/gV3mBwBlnL

— Deporte Galego (@deporte_galego) May 17, 2025

Ata o último segundo do partido o  Conservas Orbe Zendal BM Porriño que adestra Isma Martínez pelexou por acadar o título da European Cup 2025. Non puido ser pese a remontada das galegas no tramo final do encontro. Escapousellle o entorchado europeo pero as do Porriño déronlle a cara a competición desde o principio e ao Valur nesta final a dobre partido.

Lovísa Thompson with a 🚀 for @valurhandbolti 🇮🇸 in the #ecw final against @BmPorrino 🇪🇸#ehf #ehfec | 📺EHFTV pic.twitter.com/LvSBd2aLkk

— European Handball Federation (@EHF_Activities) May 17, 2025

As de Reykjavik no puideron pasar do empate (29-29) en Galicia, e superaron pola mínima (25-24) ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño no partido devolta que decidía a final da European Cup 2025.

O conxunto galego chegou a estar por diante no marcador en terras de Islandia (3-6 aos 11 minutos de xogo), pero o Valur meteu a directa e asinou un parcial de 7-0. O partido pasou dun 4-7 a un 11-7.

Watch out for @carobono4! 👀🤯

🇮🇸 @valurhandbolti and @BmPorrino 🇪🇸 fighting for the #ecw trophy ⚔#ehf #ehfec pic.twitter.com/NPRqUZQ2gd

— European Handball Federation (@EHF_Activities) May 17, 2025

Remontada galega na parte final da European Cup

Ao descanso o Valur mandaba no electrónico por un marcador de 12-8. A 14 minutos do final a renda das locais era de 21-14. Foi aí cando o Conservas Orbe Zendal BM Porriño sacou peito e fouteza e, lonxe de baixar os brazos e dar a final por perdida, loitou ata o último momento do encontro por forzar a prórroga.

Con esforzo e tino diante da portaría rival, o equipo galego colocábase 25-24 na final da European Cup 2025 cando se escoitou a bucina final.

Así, a un chanzo da épica, finalizaban as galegas a competición europea sendo subcampioas diante dun Valur que gañaba o título da European Cup por vez primeira para un equipo islandés.

A rabia de acariñar o título e non conseguilo por tan pouquiño non pode empañar o éxito rotundo que supón para o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o balonmán galego este subcampionato na European Cup 2025.

Final en Islandia con derrota por un so tanto do Conservas Orbe Zendal Bm Porriño!@valurhandbolti 25 – Conservas Orbe Zendal Bm Porriño 24

Orgullosas de cada unha delas, orgullosos do noso corpo técnico e da Nosa Afección!!!

Somos subcampións da EHF European Cup Women‼️‼️‼️ pic.twitter.com/NCquSEEBIe

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) May 17, 2025

As xogadoras do Porriño estiveron alentadas desde a grada por un grupo de seareiras e seareiros que as acompañaron nesta aventura europea.

Varias deportistas do Conservas Orbe Zendal BM Porriño apuntaba á TVG esa sensación na que a alegría se mistura coa tristeza, pero sendo conscientes de que, co tempo saberán gozar o mérito deportivo que ten ter sido subcampioas da European Cup.

Malena Valles apuntaba: “Nunhas horas valoraremos a medalla”

Sarai Sanmartín explicaba: “Nun tempo direi o bonita que é, hoxe non moito”. Pola súa banda Malena Valles apuntaba: “Nunhas horas valoraremos a medalla”. E Carolina Bono aseguraba estar “moi orgullosa do equipo” ao final do encontro coa medalla de prata pendurada do pescozo.

🥈 O @BmPorrino quedou ás portas do título da EHF European Cup (54-53 na final)

Sarai Sanmartín 🎙️ “Nun tempo direi o bonita que é, hoxe non moito”
Malena Valles 🎙️ “Nunhas horas valoraremos a medalla”
Carolina Bono 🎙️ “Estou moi orgullosa do equipo”

📲 https://t.co/YmjNefN1N3 pic.twitter.com/EuQXcUJcpK

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 18, 2025

FICHA TÉCNICA

25) VALUR: Renötudöttir, Haukstudöttir, Arngrimsdöttir, Börhallsdöttir, Bjornsdöttir, Lija Augustdöttir (4), Asgeirsdöttir (6), Asdis Agustsdöttir (1), Eliasdöttir (4), Traustadöttir, Einarsdöttir, Eiriksdöttir, Arnardöttir, Sturludöttir (3), Magnusdöttir (4) e Thompson (3).

24) CONSERVAS ORBE ZENDAL PORRIÑO: Palomino, Zhukova (3), Bono (2), Casasola, Campo, Benaches, Valles (3), Santomé (2), Arosa, Barros (5), Samartín (2), Buforn (6), Bengoetxea, Moreno, Laguna (1) e Ayelén.

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-1, 3-5, 5-7, 6-7, 11-7, 12-9 (descanso) 16-11, 17-13, 19-14, 22-16, 24-20, 25-24.

INCIDENCIAS: Partido de volta da European Cup disputado en Reykjavik. Preto dun cento de seareiros e seareiras galegas se desprazador para acompañar ao BM Porriño neste partido decisivo do Campionato de Europa de  clubs de balonmán feminino.

🚨Momento da entrega de trofeos en Reikiavik

🥈As xogadoras do @BmPorrino recolleron as súas medallas de prata

🏆O @valurhandbolti recolle o trofeo que as galegas estiveron a piques de gañar

📲O resumo, no enlace de G24 👉 https://t.co/YmjNefN1N3 pic.twitter.com/nGy84upyxp

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 17, 2025

Etiquetas balonmánConservas Orbe Zendal BM PorriñoEuropean CUPIsmael MartínezValur
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.